Ecuador tamén pasa a Sw Libre
O goberno da Revolución Cidadana promove o uso de Software Libre como Política de Goberno. A Subsecretaría de Informática inicia a implementación de Software Libre nas entidades do Goberno Central.
O Software Libre permítelle ao Estado ter soberanía tecnolóxica, maior seguridade informática, libre acceso a datos e programas, aforro de recursos económicos ao non ter custos de licenzas e é un xerador de emprego para profesionais ecuatorianos.
Con éxito e gran acollida desenvólvese a implementación de Software Libre no Ministerio de Deporte (89 funcionarios) e Ministerio de Cultura (60 funcionarios) como parte do proceso de capacitación. A implementación de Software Libre contempla a preparación, instalación, capacitación e soporte técnico na suite de oficina de Software Libre.
A implementación iniciou cun proceso de sensibilización e difusión do Software Libre en grupos de 45 funcionarios, desde o mes de xaneiro ata a última semana de febreiro, nas que se realizou tamén a capacitación correspondente. O persoal dos Ministerios de Deporte e Cultura recibiron capacitación sobre o uso e manexo de folla de texto, folla de cálculo, presentacións, correo electrónico e navegador de Internet con ferramentas de Software Libre.
chuzame -
Leave a Reply