Novo Pidgin 2.4.0
Pidgin está a acadar unha alta velocidade de desenvolvemento como o demostra a súa listaxe de melloras: 2.4.0 (29 febreiro 2008), 2.3.1 (7 decembro 2007), 2.3.0 (24 novembro 2007), 2.2.2 (23 de outubro 2007)...
Podes descargar a máis recente delas aquí (fontes, CentOS, Fedora, M$) e tamén para Ubuntu.
Lembra que Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea que soporta moitos protocolos (IM, ICQ, Jabber/XMPP, MSN Messenger, Yahoo!, Bonjour, Gadu-Gadu, IRC, Novell GroupWise Messenger, QQ, Lotus Sametime, SILC, SIMPLE, MySpaceIM, Zephyr) e dispón do equivalente para a liña de comandos Finch.
chúzame -
Leave a Reply