Chamadas por Internet cifradas con Twinkle

Twinkle é unha aplicación para que poidas facer chamadas e mensaxes por Internet que é libre e emprega o portocolo estándar SIP, o mesmo que emprega o Ekiga. Podes subscribir unha conta SIP de ekiga.net aquí (preme en "Subscribe!").

Que ofrece Twinkle que non o faga Skype, a aplicación raíña da VoIP?

Para empezar Twinkle posúe licenza libre GPL e traballa con estándares, namentres Skype é pechada e xa foi condenada por violar a GPLv2. Twinkle é seguro, Skype é moi insegura. Amais disto, Twinkle permite cifrar as túas chamadas o cal faina idónea en ámbitos empresariais que empregan servidores púbicos.

Outras funcionalidades que ten Twinkle: dúas liñas de chamadas, múltiples identidades, chamada en espera, redirección baixo demanda, resposta automática, mensaxería, cifrado de chamadas con ZRTP/SRTP, soporte de múltiples códecs, soporte de controladores de audio ALSA e OSS, etc.

Na contra pódese comentar que Twinkle non está localizado ao noso idioma, non pode gravar as conversacións, SIP só vai por UDP, non é multiplataforma (só hai versión para GNU/Linux), non soporta video e... ten unha interface moi primitiva (fea demais na miña opinión). Skype ten a prol a súa ampla rede de  usuari at s.

A pesares das desvantaxes emprego Twinkle case que a cotío por motivos de liberdade e seguridade. Funciona moi ben e o soporte a video virá axiña (está na súa wishlist), aínda que, con franqueza, non o boto en falta.

Se tiveras problemas coa súa configuración, podes dar unha ollada ao arquivo de configuración:

/home/nome_usuario-a/.twinkle/nome_login.cfg

Varía apropiadamente os campos:

# USER
user_name=o_teu_login
user_domain=ekiga.net
user_display= Nome e Apelidos
user_organization=
auth_realm=
auth_name=o_teu_login
auth_pass=o_teu_contrasinal

# NAT
nat_public_ip=
stun_server=stun.ekiga.net

Hai moitas máis aplicacións libres que merecerían ser incluidas aquí: ekiga, openwengo, minisip, tapioca, linphone...

asennadas

Chuzame! chúzame -

2 Responses to “Chamadas por Internet cifradas con Twinkle”

  1. [...] nos restan poucas alternativas na banda do SwL, como Twinkle ou OpenWengo. Especialmente esta última porque rematando o ano 2007 atopu un patrocinador para o [...]

  2. [...] isto aconece, Ekiga (antes Gnomemeeting) segue dispoñible pero cunha evolución ralentizada, Twinkle ten o soporte de audio e video na súa wishlist, Tapioca apenas variou, OpenWengo nin sequera ten [...]

Leave a Reply