Dimdim, servizo de encontros web
Dimdim é o world´s first free web meeting service ao que eu, en tradución libre, poño como o primeiro servizo de encontros web do mundo (será?).
É GPL, é libre e tamén se basea na web 2.0.
Dimdim permite:
- Compartir escritorios
- Amosar presentacións
- Escoitar
- Falar
- Chatear
- Videoconferencia
O servizo dado por Dimdim é de balde e pode ser empregado para pequenas xuntanzas ou conferencias con centos de persoas. Non é necesario ningún software para asistir como público.
Porén, como todo gran proxecto, non é nada sinxelo de se instalar polo que o seu modelo de negocio vai cara o partnership, a día de hoxe a partir dos 5.000 dólares.
Paga a pena ollar o video demostrativo (preme en «Watch the launch video«).
En: AGNIX, Curiosidades, FLOSS, Internet, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla

