Firmware chino posibilita espionaxe

As redes de comunicación británicas corren o risco de conter portas traseiras (backdoors) nos firmwares dos dispositivos que as xestionan.

A empresa SecureTest cre que os programas espía (spywares) poden ser facilmente incluidos nos dispositivos manufacturados en Asia, como switches e routers, fornecendo unha porta traseira para que empresas ou até gobernos orientais poidan escoitar as comunicacións.

As empresas deben trocar as súas políticas de seguridade e procedimentos imediatamente”, di Ken Munro, director de SecureTest. “Esta é unha fenda real que precisamos pechar. O goberno ten que reaccionar rapidamente”.

Mercarían un mísil feito en China confiando que funcione cando sexa direccionado cara oriente? É esencialmente isto o que eles están a facer cando instalan infraestrutura de redes producidas no oriente, como switches e routers, non probados e instalados dentro do goberno e das súas propias redes corporativas”.

O ano pasado o MI5 (servizos secretos británicos) enviou unha persoa para alertar a 300 empresas sobre o risco de crackers chineses tentando roubar información. Crese que Rolls Royce e Royal Dutch Shell teñan sofrido asaltos destes espías.

No 2001 o daquela secretario de estado para temas de estranxería, Robin Cook, alertou que a espionaxe de computadores internacionais podería xerar unha ameaza maior có terrorismo para o Reino Unido.

A fonte apunta cara o artigo orixinal.

Compróbase unha vez máis a importancia que ten dispor dos códigos fontes de todos os programas que leven os trebellos que manexamos, sexa pola liberdade ou, como neste caso, pola seguridade das nosas comunicacións.
asennadas

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply