A miña andaina no SwL (2001-’02, Redondela e opos)
Ao remate da miña estadía no Meixueiro chamáronme para unha substitución no IES Pedro Floriani de Redondela. O xefe do meu departamento deixoume destinar unhas pesetiñas á compra dunha distro e merquei unha SuSE. Nin siquera fora instalada nalgún equipo pero serviría para ir metendo o verme nese departamento.
Por aquel tempo comezara unha campaña tentando prohibir as fotocopias de libros por mor da suposta ultraxe aos deireitos autoriais. Naquel instituto tomárono ao pé da letra polo que ninguén podía facer fotocopias. Velaí que cando a directora do centro viume facendo fotocopias de libros... achegouse a min para recreminarmo. Foi entón cando ela, incrédula, descubriu que era iso do "pódese copiar, modificar e distribuir libremente". Aínda así neses tempos comezaba a sentirme canso de ir predicando dun-a-un...
Outra anécdota que lembro dese IES foi o da infección duns PCs da sala de profesores. Vin fozando a un alumno do ciclo de Electrónica que xa daba por morto a un deles cando lle recomendei probar antes facer un "fdisk /mbr". Tiven sorte, conseguiu arrancar o p*** Window$ aínda que finalmente optara por reinstalar todo!
Ao ir rematando do curso púxenme a preparar as opos de Informática, mellor dito, a preparar un chisco e só sobre SwL, non fora ser que caese só diso a que tanto tempo lle adicaba. Nada, as opos foron todas sobre M$ agás algunha preguntiña sobre *nix. Naquel curso (incrible pero certo) tiven que escribir no encerado "Google" pois aínda era un perfecto decoñecido.
Teño lembrazas agridoces dese ano pero quédome co meu tempo de amizade, a estadía no Lobishome, as miñas viaxes ao IES, ás veces en moto e outras co Cadillac El Plateado, e a miña determinación a non seguir dando máis cursos de Economía.
chúzame -
… ten coña!! escribir Google no encerado… que o podía pensar… unha idea (non nova) que se converteu nun imperio.
01-02 -> ese ano decedin marchar eu para facultade de informática logo de -perder- 2 anos nun ciclo superior de telecomunicacións.
[...] de Redondela presenteime ás opos de Informática referidas ao ensino secundario. Como dixen no anterior artigo desta serie, todas as preguntas xiraron ao redor de M$ e, por suposto, a miña intervención foi [...]