MAGASIX Linux v2.2, candidata final

Manuel González Regal vén de anunciar a dispoñibilidade do MAGASIX Linux v2.2, completamente estable e funcional.

Manuel engade:

Ademais na web do proxecto podedes atopar as ligazóns incluídas no MAGASIX Linux (unhas 244) sobre software libre, Linux, educación, lingua galega, etc. Aínda faltan un montón (por exemplo, ligazóns para contidos relativos aos ciclos de informática) e se alguén se anima que envíe suxestión.

Nesta versión candidata para entrar no MAGASIX ao arrincar hai que usar:
nome de usuario -> magasix
contrasinal -> magasix

Supoño que para a versión definitiva (conto coas suxestións propias e alleas) sairá á volta de semana santa.

Web do proxecto, sección descargas e máis sobre o MAGASIX (aplicacións, idiomas incorporados, ...) .

Por certo, incluín dous titoriais moi sinxelos para ver como arrica o MAGASIX e como configurar a rede.

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply