Anunciado GNOME 2.22
O novo GNOME 2.22 é a nova versión deste popular escritorio multiplataforma, que procura a facilidade de uso, estabilidade e suporte de primeira liña á internacionalización e acesibilidade. Por suposto, é aberto e libre.

Desta vez GNOME inclúe varias melloras:
- Cheese, programa para sacar fotos coa cámara web
- Efectos especias integrados
- Mellor sistema de arquivos en rede
- DVD, TV dixital e máis
- Reloxo internacional
- Xestor de correos, contactos e axenda Evolution mellorado
- Acceso remoto
- Configuración de teclado simplificada
- Integración con PolicyKit, xestor de privilexios administrativos
Alén de todo isto está ampliamente traducido ao galego.
Tes máis información nunha primeira análise de Ars Technica.
chuzame -
Leave a Reply