Computadores milleiros de veces máis rápidos

Sun Microsystems traballa nunha tecnoloxía que substituirá as conexións entre chips por feixes de luz láser, o que permitiría fabricar computadores milleiros de veces máis rápidos.

Sun Microsystems anunciou que recibiu un contrato do Pentágono estadounidense por valor de 28,49 millóns de euros (44,29 millóns de dólares) para desenvolver esta tecnoloxía.

En concreto, Sun intenta substituír os diminutos cabos que conectan os 'chips' nos computadores por conexións láser que poderían transportar decenas de milleiros de bits por segundo, serán máis rápidos e máis eficientes porque xerarán menos corrente eléctrica e calor.

Ademais de Sun, Intel anunciou en 2005 o desenvolvemento dun láser a base de silicio, é dicir, mediante o uso dos mesmos materiais e procedementos que se empregan para construír 'chips' comerciais, e no ano seguinte puido construír a primeira estrutura baseada en silicio capaz de producir feixes de láser.

Pola súa banda, IBM presentou o pasado ano, tras cinco anos de desenvolvemento, o deseño dun modulador electro-óptico que fará posible substituír as conexións entre os núcleos dos 'chips' por luz.

Cando sexan realidade estaremos, por fin, no remate da Lei de Moore...

Fonte.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply