Evanxelizar é unha tarefa incabada
A estas alturas levo xa varios anos evanxelizando, refírome a dar a coñecer o SwL. Cría que esta tarefa remataría con certa celeridade mais, a cada dia que pasa, decátome de que é e pode seguir sendo unha tarefa eternamente inacabada.
Nesta semana, por exemplo, estiven en Ribadeo e Noia. Nestes e, case que sempre, noutras localidades adoito estar moi a gusto. Axiña consigo (non sei ben como!) un ambiente aberto, extrovertido e até divertido. Si, síntome fantasticamente ben evanxelizando. É que xa van moitas, moitísimas intervencións, relatorios e cursos.
Porén, repetir basicamente o mesmo discurso podería chegar a cansar. Se isto non acontece é pola fe que eu mesmo posúo xunto, supoño, ao meu propio caracter. Comezo a crer que, si, son contaxiante, bo transmisor de ideas e varios atributos máis cos que me alaban. E claro, isto faime sentir moi agradecido e dame máis forzas se cabe.
Nos últimos tempos é doado atopar xentes que xa coñecen algo do SwL (aínda que o asimilen só a Linux). Entón xorden novas cuestións: estamos completamente preparados para calquera tipo de usuario? pode xurdir desencanto cando haxa que lidar con algunhas complexidades e carencias? podemos ficar co estigma 'SwL só é para expertos' ata sermos desbotados masivamente como a alternativa idónea?...
Outro detalle que me chama a atención é o feito seguinte. Desde que comecei a miña andaina procurei contaxiar a quen se atopara ao meu redor, o cal sempre me resultou unha tarefa ingrata pois os froitos foron case que nulos. Dun a un, a miña capacidade de convencer semella estéril. Pásalle así a todo o mundo? Danme a razón, si, e até sorpréndense co que digo pero pouquísima xente ten dado o salto. Sen embargo, é sorprendente comprobar que se falo a un grupo, sexa como relator ou profesor, todo rula marabillosamente. Incrible? Abofé, é esa a miña experiencia, é empírico!
Decátome que aínda resta moito esforzo por diante, como se a evanxelización fora unha eterna tarefa inacabada.
chuzame -
En: Cultura Libre, FLOSS, Persoal, Relatorios por Roberto Brenlla
Nas dúbidas que presentas no cuarto parrafo penso que é necesario dar a entender que o S.O. GNU/Linux en calquera dos seus sabores non é a panacea, non vai solucionar os problemas da xente nun plumazo, o pc non vai facer as cousas por un mesmo.
Hai varios problemas por solventar para que o meu modo de ver Linux faga un salto cuantitativo e dunha vez demostre o seu verdadeiro poder, no momento que se arranxe o problema dos drivers-confuguración ou cando se dispoñan dunhas boas ferramentas de xestión centralizada e integración estaremos a falar de outra cousa; nese intre a partida sí que vai ter un gañador seguro.
Como sabes (xa o falamos en algunha ocasión) son moi crítico que no mundo de Linux existan un universo tan extenso de distros, iso só representa a división de traballo, a dispersión de esforzos, imaxinadevos focalizar todo o esforzo da comunidade máis o de empresas que apostan polo Open Source / Sw Libre en tres ou catro distros… sería alucinante, o avance sería inmenso, iso xa non sería un Tsunami sería unha explosión similar ao Big Bang.
Cambiando de tema a tarefa de evanxelizar pode ser agotadora pero por outra banda ten que ser apasionante, pois estaslle a mostrar a toda esa xente que hai unha alternativa, que existen outras opcións, esta claro que a adaptación non é fácil pero dende logo non é imposible.
Terás que empezar a replantexarte esa tarefa o día que nunha tenda, nun Carrefour, nun Corte Ingles poidas comprar un pc con Linux coa misma naturaliade que hoxe se compra so S.O. privativo que por defecto se encarga de proveer o mostruo de Redmond. Pero ainda queda moooooito curro por facer se non mira administración pública…
Saudos!!!
Saude!!!
[…] escribin algo referente á evanxelización, é dicir, dar a coñecer o Sw Libre. Adoita acontecer que non sempre un pode reflictir na escrita […]