Centro de Privacidade de Google

Na serie de artigos que titulei "Google xestiona o teu desexo de información" obsérvase a inquedanza de quen empregamos os múltiples servizos de Google así como a consciencia que a multinacional ten a este respecto. Daí que non sexa de estrañar que Google veña de anunciar o seu Centro de Privacidade.

Basicamente, a finalidade deste Centro é a de explicar a política de privacidade dos diversos servizos que ofrece o xigante. Para isto dispoñen, entre outros medios, dunha canle específica en YouTube onde tratan temas como as cookies, rexistros, direccións IP, etc.

Está claro que Google sabe que o seu negocio está baseado na confianza que os usuarios teñen nos seus servizos aínda que moitos destes non se preocupen por estes temas...

asennadas

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image