F1 e GNU/Linux

Valeu Senna!Velaquí un amplo artigo analizando a necesidade da tecnoloxía punta empregada no controvertido Circo da F1 onde abundan os túneis de vento, simuladores de motores e de dinámica de fluidos, por mencionar só algúns dos apartados esenciais onde GNU/Linux contribúe.

"O mesmo sistema que se executa sobre 2000 procesadores core con terabytes de memoria pode ser probado e axustado nun portátil dalgún enxeñeiro. Nun mundo onde cada fracción de segundo marca a diferenza, a habilidade de afinar parámetros, axustar algoritmos e empurrar as ecuacións ao límite, ben pode valer para marcar a diferenza entre gañar ou perder. Como en calquera industria de alto rendemento, os equipos de competición atoparon unha vantaxe competitiva ao traballaren con Código Aberto, por razóns prácticas, rendemento, custes e flexibilidade."

Ese artigo foi atopado grazas a esta fonte.

Non é ningún segredo que moitos destes equipos traballen con supercomputadores dotados con sistemas operativos GNU/Linux. Porén, a centralita común a todos eles é pechada e feita por M$...

asennadas

Chuzame! chuzame -

Iron Man loita contra terrorista de código aberto

O enfrontamento existente no mercado TIC está moi presente en 'Invincible Iron Man' (O invencible Home de Ferro), a película do coñecido heroe da serie Marvel que se estrea neste dias.

O curioso do tema é que o protagonista, Tony Stark, o empresario-heroe multimilionario, enfróntase ao vilán descrito como "terrorista do código aberto".

No Universo Marvel, con personaxes tan coñecidos como Capitán América, Hulk, Spiderman, etc, Tony Stark (Ironman) está do lado das grandes empresas. O guionista, Matt Fraction, comenta que na revista electrónica Comic Book Resources:

"O mundo é perigoso e, apesar de todos os seus avances, a tecnoloxía conleva novos perigos. Está o lado bo e o lado malo, e Tony non quere asumir esa responsabilidade. É unha gran responsabilidade, daí que en Invincible Iron Man #1 vemos que cando a tecnoloxía é empregada para propósitos nefastos Tony o sente profundamente."

O primeiro inimigo na nova serie é Ezekiel Stane (Zeke), fillo dun antigo adversario de Stark, que Fraction describe como:

"O código aberto frente ao código pechado de Stark. El non ten cuartel xeral, non ten base, non ten conta bancaria. Totalmente fóra do sistema, flexible, móbil. Iso vai totalmente contra a sabedoría empresarial de Tony, o xeito que el aprendeu de fazer as cousas – con bancos, advogados, industrias, probas-. Stane é diferente. Ele é máis esperto, máis móbil, com reaccións máis veloces.

(...)

Zeke é un home de negocios post-nacional, un tipo de terrorista de código aberto".

Souben desta nova lendo dias atrás en Slashdot e hoxe de novo en NoticiasLinux.com.br.

A verdade é que escoitei varios tipos de FUDs referidos ao SwL sen que nunca chegaran superar o do calificativo 'comunista'. Agora si, até somos 'terroristas'!

Actualización

Subliño que o que vin da pelí nada semella o que pode acontecer cos comics. Nela vin como o protagonista aparecía nunha foto con Bill Gate$ por mor de ser proclamado como o inventor da plana base e, se cadra, un escritorio semellante oa KDE na escena de Pepper, a secretaria de Tony Stark, no copiado de arquivos secretos da empresa armamentística.

Chuzame! chuzame -

Campaña anti-droga en Bahía (M$)

Nos pasados dias Jaques Wagner, gobernador do Estado de Bahía, nordeste brasileiro, asinou un protocolo oficial de intencións con Hasefroch polo cal esta multinacional capacitará a 4.500 estudantes a baixo custe dentro do programa "Aluno Monitor Microsoft", na contorna “English for all” de aprendizaxe do idioma inglés dotando de infraestrutura privativa aos telecentros dese estado.

A sociedade, coordinada a través do Projeto Software Livre - Bahía, leva adiante a campaña "Por uma Bahia Tecnologicamente Livre e Desenvolvida!" que, entre outras medidas, inclúe este cartaz titulado "Wagner, diga não às drogas!":

bahia_m_pamnmpt_reducida.png

Fonte.

asennadas

 

 

Chuzame! chuzame -

Que hai da Ubuntu 8.04 Server?

Moitos estamos pendentes da versión de escritorio da nova Ubuntu 8.04 Hardy Heron mais, desta vez, unha das apostas máis firmes que ten Ubuntu nesta ocación é a súa versión servidor.

Estase a construir unha documentación mediante wiki exclusivamente para ela. Lembra que é LTS (Long Term Support), 3 anos de soporte en escritorio e 5 para servidores. Ademais dela tes unha ampla guía en Howtoforge.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Configurando Compiz-Fusion 0.7.4 na nova Ubuntu 8.04

A nova Ubuntu 8.04 Hardy Heron está a ser personalizada nestes dias trala súa recente saída oficial. Unha das personalizacións máis desexadas pode ser a do Compiz-Fusion, neste caso correspondente á versión 0.7.4..

Para instalala podes engadir este enderezo na caixa de enderezos do Firefox:

apt://compizconfig-settings-manager

ou executar nun terminal

sudo apt-get install -y compizconfig-settings-manager

Feito isto, vaite a Sistema > Preferencias > Apariencia, elixe a aba "Efectos Visuais" e nela a opción "Personalizado". Preme logo en "Preferencias"para axustares todo ao teu gusto.

Podes facelo seguindo o comentado neste recente artigo.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Prácticas con Python

A prestixiosa revista Linux Magazine ten na súa vertente electrónica unha boa serie de artigos, todos eles descargables en PDF, que inclúe unha ampla gama de temas sobre programación en Python, unha das linguaxes máis flexibles e empregadas na actualidade.

Estes son os artigos:

Están en portugués do Brasil.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Debian estará no Google Summer of Code 2008

Debian vén de anunciar que estará no Google Summer of Code 2008, desta vez cunha dúcia de proxectos aceptados.

Google patrocinará aos mencionados estudantes para que traballen a tempo completo durante as súas vacacións de verán, desde o 26 de maio ata o 18 de agosto. Durante ese tempo serán dirixidos e evaluados por un equipo de desenvolvedores Debian.

Para coordinar mellor esta actividade Debian creou este Wiki.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Artigos sobre LVM e repositorios para a Ubuntu 8.04

Ollando no blog de Alexandro Silva atopei unha entrada que liga cara un bo artigo sobre LVM pensado para neófitos así como outro co seu sources.list (repositorios) para a nova Ubuntu 8.04 Hardy Heron.

Gustaríame ter a oportunidade de coñecer persoalmente ao Alex, dame que é "um cara legal" ;-)

Chuzame! chuzame -

Dos Cantares Populares

Dexio outra mostra da voz e tenacidade de Susana porque desta vez, alén de cantar, inclúe a súa produción multimedia baseada integramente en ferramentas libres: Kino, Audacity, The Gimp... sobre Ubuntu GNU/Linux.

O resultado é este:

Noraboa Susana!

Canta: Susana de Lorenzo

Piano: Rupert Twine

Tema: Dos cantares populares

Compositor: Fernando Jaumandreu Obradors

Chuzame! chuzame -

Fring.com conecta móbil, SIP, Skype, Twitter…

Fring.com é un sitio web que ofrece un bo servizo para teléfonos móbiles que poidan conectarse a Internet. Ese é o meu caso grazas a un novo Nokia E65 (realmente é o E65-1) que temos os integrantes de C.T.I. TEGNIX. O trebello ten Wi-Fi, S.O. Symbiam e moitas cousas máis, idóneas para axendas colaborativas, contactos compartidos, etc.

Ao caso, conecteime con el por rede inarámica, fun a Fring.com, descarguei a aplicación e unha complementaria, dinme de alta e logo completei os axustes para conectarme (no meu caso) a:

  • SIP de Ekiga
  • Skype
  • Google Talk
  • Twitter

E hai máis posibilidades que non emprego.

Fixen probas e puiden chatear, enviar notas ao Twitter e até falar polo móbil recibindo unha chamada polo Skype.

Chuzame! chuzame -

Dicionarios Urbáns

Case que todos temos unha serie de marcapáxinas con dicionarios e tradutores para diferentes linguas. Telos non abonda para garantirmos un resultado de procuras satisfactorio.

Por que? Máis ca nada por mor de novos termos nados ao abeiro das novas tecnoloxías, especialmente Internet e telefonía móbil, xunto á xerga empregada con cada nova xeración, a incorporación á nosa sociedade de persoas con variopintas nacionalidades ou a invasión de terminoloxía anglosaxona.

Así, podes ter dificultades en ataopares termos hispanos como perrea, chota, gañán, ñardo, chimba... ou os anglosaxóns newbie, IMHO, FAQ...

Para ese tipo de terminoloxía tes:

Chuzame! chuzame -

3º Hack Meeting GNU/Linux en Ferrol

Sábado 26 e Domingo 27 de Abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria.

Sábado 26
Mañá

  • 11:00hs. - Presentación das Xornadas. "Que é o Software Libre?"
  • 11:15hs. - Experiencias e experimentos con GNU/Linux.
    Como empezar con GNU/Linux, vantaxes e dificultades....
  • 12:00hs. - INSTALL PARTY: Instala GNU/Linux no teu computador, compartíndoo ou non con Windows.
    Se queres instalar GNU/Linux no teu computador podes traelo e axudámoste a poñelo a punto para que te inicies neste sistema operativo... Trae tamén cable de rede ou conexión wifi e os cables e enchufes necesarios para poñer todo a funcionar...

Tarde

  • 16:30hs. - Edición Gráfica con GNU/Linux, Gimp, Inkscape, Scribus...
    Fai deseño gráfico e retoque fotográfico libremente e con programas libres!!!. O Gimp é un gran programa para tratamento de imaxes e debuxo, o Inkscape para facer gráficos vectoriais e o Scribus para maquetar con gran calidade todo tipo de publicacións, cartaces e o que queiras!!
  • 19:00hs. - Ferramentas libres para streaming de audio e video.
    Tamén con programas libres podes facer que a túa voz se escoite e montarte unha emisora de radio por internet. Os teus berros e imaxes chegarán moi lonxe...

Domingo 27
Mañá

  • 11:00hs. - LTSP: Reciclaxe de computadores como terminais lixeiras en GNU/Linux.
    Tes un computador vello? Non o tires. Con GNU/Linux e o servidor de terminais lixeiras LTSP podes poñelo a funcionar coma se fose novo. Tan rápido coma un raio. Que non o cres? Pois vén a velo!!!
  • 12:00hs. - A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo.
    Eres desas persoas as que lles gusta fozar en canta máquina encontra. Es un ou unha manitas? Pois esta é a túa oportunidade.

Tarde

  • 16:30hs. - Edición de video con Cinelerra e proxección de video GNU/Linux.
    Un dos mellores programas para montar vídeos con todo tipo de posibilidades e efectos. E con calidade profesional!!!

Vén co teu computador!!!!

Organiza: Unión Libertaria
Colaboran: Ateneo Ferrolán, Kalimera, Hacktreu e Olholivre.

Máis info: http://linuxferrol.org/hackmeeting_ferrol_08.jpg

Chuzame! chuzame -

Que distro acada máis procuras en Google?

Un dos servizos que fornece o maior buscador é Google Trends, con actualización diaria. Con el pódese saber que é o que máis se procura.

Tendo isto en conta obtés estadísticas que poden servir, por exemplo, para tratar de coñecer que distros son as máis populares, comparándoas en grupos de cinco. Das varias probas feitas, se cadra a máis significativa é a de "Ubuntu, Debian, Fedora, OpenSUSE, Mandriva". O volume das procuras feitas para todas as rexións coincide bastante ben coa obtida para España.

Esta é a imaxe obtida para España:

google-trends-ubuntu-debian-fedora-opensuse-mandriva-mozilla-firefox-600.png

Vese ben ás claras que as procuras referidas a Ubuntu son ás máis abundantes. Neste caso, dada a ampla marxe de diferencia, é doado extrapolar que esa distro que hoxe estrea nova versión (8.04 Hardy Heron) é a máis usada. Obviamente con todas as salvedades.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Software Livre (rap brasileiro)

Un novo tema sobre SwL vén de aparecer na rede, desta vez un rap brasileiro feito por Mano Robson con licenza Creative Commons. Estaría ben que incluira a letra...

Pódelo baixar directamente aquí ou ir ata a páxina onde está dispoñible.

Sóubeno por esta fonte.

Se queres outros interesantes temas musicais, tes o Himno do GNU (inclúe letra) ou o Rap do Kill -9 (inclúe video e letra).

asennadas

Chuzame! chuzame -

Bos hábitos de uso en SwL

Realmente é un novo título que substitúe ao orixinal, The 7 Habits of Highly Effective Linux Users, que se podería traducir como "Os 7 hábitos dos usuarios máis efectivos de Linux".

O artigo fonte desta nova sinala e afonda nos seguintes puntos ofrecendo explicacións e moitas ligazóns:

  1. Nunca empregues a interface gráfica como 'root', basicamente porque os erros adoitan acontencer.
  2. Nomea apropiadamente os teus arquivos: refírese a non empregar carácteres especiais.
  3. Coloca /home noutra partición.
  4. Xestiona apropiadamente os procesos atascados: refírese ás aplicacións e servizos que non respostan.
  5. Proba as ofertas existentes. Pode medrar máis velozmente o teu aprendizado en GNU/Linux se probas varias distros e aplicacións no canto de contentarte co que che recomandaron.
  6. Cultiva a liña de comandos.
  7. Leva sempre contigo unha mostra para amosala a máis xente, por exemplo, GNU/Linux nun pendrive, algún cd-vivo, etc.

Fonte.

Chuzame! chuzame -