A vindeira versión de Ekiga será free como a cervexa (Actualizado)

Ekiga (antes Gnomemeeting) debería ser considerada como unhas das maiores oportunidades de dominio que puido ter o Sw Libre entre as aplicacións que fornecen conectividade mediante mensaxería instantánea, VoIP e videoconferencia.

Dígoo en pasado porque, con profunda decepción, veño de atopar esta nova sinalando que esta aplicación, cun desenvolvemento practicamente paralizado nos últimos tempos, trocará o seu principal eixo de traballo cara Win32. Isto é tan contudente como que a vindeira versión Ekiga 3.00 só será feita para o sistema privativo de Redmond.

Din que Ekiga 3.00 comezará a ser free (as free beer), é dicir, gratis como a cervexa e tamén que:

A partir da 3.20, Ekiga pasará a ser shareware cun pequeno pago por licenza por usar Ekiga ou a súa plataforma asociada Ekiga.net. Os cartos recadados que xerarán permitiranos vivir deste proxecto no canto de empregar innúmeras horas de balde nel.

Cabe sinalar que Gnomemeeting naceu hai ben anos (está rexistrada a súa entrada en Freshmeat con data 20 de agosto de 2001), moito antes có Skype, a raíña na web. Que aconteceu? Desde o meu punto de vista, a súa idea era estratexicamente máis ca correcta pois adiantouse no tempo ao que ía ser demandado. Daquela puido acontecer que non se levara á práctica cos recursos financieiros e humanos adecuados ou até, no peor dos casos, nin sequera dispuñan dun plan para levalo a bo termo.

Agora nos restan poucas alternativas na banda do SwL, como Twinkle ou OpenWengo. Especialmente esta última porque rematando o ano 2007 atopu un patrocinador para o seu case que paralizado proxecto.

Agardo que isto só sexa outra inocentada do 1 de abril, como ben sinala Álex.

Actualización: Veño de comentarlle isto a varias persoas e un deles, Olea, confirmoume que é inocentada cun "Angelitos míos" :-D

Polo demais, os comentarios no blog de Damien Sandras son do máis elocuentes e a nova xa está posta ao dia en Ekiga.org.

asennadas

Chuzame! chúzame -

2 Responses to “A vindeira versión de Ekiga será free como a cervexa (Actualizado)”

  1. Creo que pode ser tema do April Fool’s Day ese, e esperemos que así sea ;D

  2. Ogallá esteas no certo Alex! De selo, un ano máis, caería noutro 1 de abril :-D

Leave a Reply