Internet tamén ten Buracos Negros

Na Universidade de Wáshington tratan de localizar os puntos negros polos que de cando en vez desaparecen paquetes de información na rede.

Cando alguén ten acceso a Internet cre ter acceso ás páxinas web de todo o mundo (polo menos en países como España). Pero isto non sempre é así.

Existen moitas razóns polas que ás veces non se pode acceder a unha páxina web específica nun momento dado: problemas co servidor e o sitio aloxado, mantemento ou que o sitio foi desconectado. Pero segundo un equipo de investigación da Universidade de Wáshington existe outra razón máis misteriosa e ata agora pouco estudada: a dos buracos negros de Internet.

O nome do proxecto é Hubble e os seus creadores aseguran idear un software capaz de rastrexar a existencia destes buracos negros en todo o mundo. Para determinar o estado da rede, Hubble envía mensaxes de proba por todo o mundo para buscar computadoras que son accesibles só parcialmente. Cando os problemas de acceso persisten durante 15 minutos, o sistema considera que existe un problema ou un buraco. O equipo de investigación detectou que o 7 por cento das computadoras do mundo experimentaron este tipo de erro polo menos unha vez durante as tres semanas que durou o seguimento.

A fonte apunta cara esta ligazón. Tes máis información sobre internet, redes sociasi e estes buracos aquí.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply