Sun presenta novo MySQL e OMS

MySQL 5.1

Sun anunciou unha nova versión da base de datos coa que traballan moitos dos sitios máis coñecidos de internet como Google, Flickr, Youtube, Facebook ou Wikipedia. MySQL 5.1 incluirá avances técnicos que lle permitirán competir en contornas nos que o rendemento e a escalabilidade son determinantes. A versión lanzarase a vindeira semana no marco da conferencia MySQL, a primeira que organiza Sun desde que adquiriu por 1.000 millóns de euros en febreiro á compañía sueca que creou a base de datos.

Entre os avances na 5.1 están o particionado, a programación de eventos, a replicación baseada en filas e o clustering baseado en disco. Son funcións habituais nos produtos de IBM, Oracle e Microsoft, pero deberían axudar a MySQL a competir en contornas críticas pois é máis fiable e un 20% máis rápida.

Outro dos temas dos que se falará na devandita convención é en que motor transaccional deberían focalizarse os desenvolvedores de MySQL. A maioría dos clientes usan InnoDB, pero ese software foi comprado fai uns anos por Oracle, e MySQL estivo desenvolvendo unha alternativa chamada Falcon, que se liberará con MySQL 6.0.

Ao mesmo tempo, Michael Widenius, un dos desenvolvedores orixinais de MySQL, está traballando noutro motor transaccional chamado Maria, do que se liberou unha versión preliminar en xaneiro. "O obxectivo do equipo de desenvolvemento de Maria é que sexa o motor transaccional por defecto para MySQL. O equipo Falcon ten o mesmo obxectivo. Que gañe o mellor motor", escribiu no seu blog antes de que se pechase a compra de Sun.

Os desarrolladores tamén esperan un plan de desenvolvemento para MySQL, algo que Sun non proporcionou desde que pechou a compra por 1.000 millóns de dólares en febreiro. E algúns esperan probas de que Sun non interferirá co modelo de desenvolvemento de MySQL, que é software libre, ao que a empresa xa se comprometeu.

OMS (Open Medía Stack ou Open Medía System)

Rob Glidden, de Sun Microsystems, informou no seu blog sobre dous novos proxectos de código aberto da empresa, que deberán resultar nunha solución web multimedia libre incluíndo codecs de audio e vídeo. No contexto da iniciativa Open Medía Commons (OMC), Sun está traballando actualmente no OMS Video que segundo Glidden, pode significar opcionalmente Open Medía Stack ou Open Medía System. La solución web libre e gratuita deberá encapsular un codec de audio e un de vídeo, do mesmo xeito que o formato Flash de Adobe, ao tempo que coidar do control e do transporte de datos, así como de aspectos de seguridade do contido.

O desenvolvemento do codec de código aberto non está considerando só as súas características técnicas, como velocidade e calidade, senón outras cuestións como a adherencia da licenza de publicación do sistema ás premisas do SwL, ausencia de custes con licenciamento e a creación de códigos e métodos que non infrinxan ningunha patente.

Tes máis nas ligazóns incluidas nas fontes das novas sobre MySQL e OMS.

asennadas

 

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply