Atrancos na Codifcación de Caráteres en SwL
Persiste un problema en SwL que semella ir aínda para longo. Refírome á codificación de carácteres.
Levo sufrindo este atranco dende os meus comezos pois non só a liña de comandos non soportaba ‘ñ’, tiles, espazo entre palabras, etc, porque máis dunha vez tiven que axustar esta variable para poder incluir determinados carácteres até para poder editar textos planos. Daquela era pola disposición por defecto que tiña a Slackware. A cousa foi mellorando algo, si, ao pór como opción durante as instalacións a codificación que se precisaba para facer rular o meu teclado. Os estándares que se empregaban eran os Occidentais ISO-8859-15 e mailo ISO-8859-1.
Porén sempre se aconsellaba (e con razón) non incluir tiles nin espazos en branco, como mínimo, confiando que o ‘Ñ’ fora aceptado. Coméntabase que a culpa dilo, en referencia á interoperabilidade con M$, era debida á clásica incompatibilidade de codificacións. Isto sempre se defendía dicindo que en SwL empregamos estándares e outros non.
Aos poucos foise impoñendo un novo estándar, o Unicode. Así, varias distros comezaron a poñer UTF-8 por defecto. O follón inicial foi, segundo a miña experiencia, xigantesco. Unha morea de veces atopabas signos como o ‘?’ ou até máis crípticos substituindo aos que a codificación non amosaba adecuadamente.
Tan evidente é este problema que moitos correo-e, enviados por entidades oficiais empregando sw privativo engaden ao pé de páxina algunha nota dicindo que «expresamente non se inclúen acentos» para favorecer a lexibilidade… ou, por exemplo, a propia existencia de programiñas ou engadidos que renomean os arquivos con atrancos de codificación.
Non sei cando rematará esta historia pero quixen deixar esta anotación porque onte mesmo tiven que facer malabares para que a miña parella poidera editar videos co Kino poñendo adecuadamente a longa ruta completa ‘lexible’ para esa aplicación porque tiña incluído eses mencionados carácteres. Para colmo, é filóloga e obviamente repudia ter estas trabas.
En: Estándares, FLOSS, Persoal por Roberto Brenlla

Eu penso que codificación de caracteres chegou a unha madurez importante e os problemas que se poden experimentar por estes tempos son a cohesión de aplicativos que traballan con distinta codifiación.
Por norma xeral, a grazas a Unicode, os programas veñen actualizando o seu código fornte para traballar direitamente con UTF-8 pero todavía os hai que se resisten e ahí e cando entran os problemas.
Pola miña parte cada vez que teño que traballar con código ou mesmo bases de datos sempre, sempre elixo utf-8, con iso nunca tiven problemas.
Para mostra un botón, http://tinyurl.com/32qlrm
Saudañas
[...] Nomea apropiadamente os teus arquivos: refírese a non empregar carácteres especiais. [...]
[...] faino axiña. Confío que con a clara aposta polo emprego deste estándar, moitos dos persistentes atrancos na codificación de carácteres desapareza o máis rapidamente [...]