Bos hábitos de uso en SwL

Realmente é un novo título que substitúe ao orixinal, The 7 Habits of Highly Effective Linux Users, que se podería traducir como «Os 7 hábitos dos usuarios máis efectivos de Linux».

O artigo fonte desta nova sinala e afonda nos seguintes puntos ofrecendo explicacións e moitas ligazóns:

  1. Nunca empregues a interface gráfica como ‘root‘, basicamente porque os erros adoitan acontencer.
  2. Nomea apropiadamente os teus arquivos: refírese a non empregar carácteres especiais.
  3. Coloca /home noutra partición.
  4. Xestiona apropiadamente os procesos atascados: refírese ás aplicacións e servizos que non respostan.
  5. Proba as ofertas existentes. Pode medrar máis velozmente o teu aprendizado en GNU/Linux se probas varias distros e aplicacións no canto de contentarte co que che recomandaron.
  6. Cultiva a liña de comandos.
  7. Leva sempre contigo unha mostra para amosala a máis xente, por exemplo, GNU/Linux nun pendrive, algún cd-vivo, etc.

Fonte.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp