Dicionarios Urbáns
Case que todos temos unha serie de marcapáxinas con dicionarios e tradutores para diferentes linguas. Telos non abonda para garantirmos un resultado de procuras satisfactorio.
Por que? Máis ca nada por mor de novos termos nados ao abeiro das novas tecnoloxías, especialmente Internet e telefonía móbil, xunto á xerga empregada con cada nova xeración, a incorporación á nosa sociedade de persoas con variopintas nacionalidades ou a invasión de terminoloxía anglosaxona.
Así, podes ter dificultades en ataopares termos hispanos como perrea, chota, gañán, ñardo, chimba... ou os anglosaxóns newbie, IMHO, FAQ...
Para ese tipo de terminoloxía tes:
- Diccionario Urbano (español internacional)
- Banco de Neologismos (catalán e español) do Centro Virtual Cervantes
- Urban Dictionary (anglosaxón) con APIs e ferramentas complementarias
chuzame -
En: Cultura Libre, Curiosidades, Internet por Roberto Brenlla
Leave a Reply