Configurando Compiz-Fusion 0.7.4 na nova Ubuntu 8.04

A nova Ubuntu 8.04 Hardy Heron está a ser personalizada nestes dias trala súa recente saída oficial. Unha das personalizacións máis desexadas pode ser a do Compiz-Fusion, neste caso correspondente á versión 0.7.4..

Para instalala podes engadir este enderezo na caixa de enderezos do Firefox:

apt://compizconfig-settings-manager

ou executar nun terminal

sudo apt-get install -y compizconfig-settings-manager

Feito isto, vaite a Sistema > Preferencias > Apariencia, elixe a aba "Efectos Visuais" e nela a opción "Personalizado". Preme logo en "Preferencias"para axustares todo ao teu gusto.

Podes facelo seguindo o comentado neste recente artigo.

asennadas

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “Configurando Compiz-Fusion 0.7.4 na nova Ubuntu 8.04”

  1. Eu probeino e creo que me sinto máis cómodo sen el. Hai anos os amantes da boa informática queixábanse dos efectos inútiles e comememoria de Windows 98. Non creo que sexa necesario que as xanelas fagan espirais de colores para que Ubuntu sexa un sistema operativo potente e atractivo, ou si?

  2. A verdade é que, no meu caso, sempre crin igual ca ti, non se precisan ‘espirais de cores’… pero, tras un comentario que me fixo un, decindín darlle unha nova oportunidade. E nesas estou, de momento, bastante satisfeito con esas ‘pijaditas’ :-)

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image