F1 e GNU/Linux

Valeu Senna!Velaquí un amplo artigo analizando a necesidade da tecnoloxía punta empregada no controvertido Circo da F1 onde abundan os túneis de vento, simuladores de motores e de dinámica de fluidos, por mencionar só algúns dos apartados esenciais onde GNU/Linux contribúe.

"O mesmo sistema que se executa sobre 2000 procesadores core con terabytes de memoria pode ser probado e axustado nun portátil dalgún enxeñeiro. Nun mundo onde cada fracción de segundo marca a diferenza, a habilidade de afinar parámetros, axustar algoritmos e empurrar as ecuacións ao límite, ben pode valer para marcar a diferenza entre gañar ou perder. Como en calquera industria de alto rendemento, os equipos de competición atoparon unha vantaxe competitiva ao traballaren con Código Aberto, por razóns prácticas, rendemento, custes e flexibilidade."

Ese artigo foi atopado grazas a esta fonte.

Non é ningún segredo que moitos destes equipos traballen con supercomputadores dotados con sistemas operativos GNU/Linux. Porén, a centralita común a todos eles é pechada e feita por M$...

asennadas

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “F1 e GNU/Linux”

  1. Ostras!! non sabia tal… mira mira… pois non ten moito sentido o tema da centralita, supoño que será cousa do ‘business and business’ xa sabes o cazo gustalle a todo o mundo… en fin.

    Agora entendo o progreso do R28… jejeeeee

    Saudos

  2. Si, certo. De feito Renault vén de mercar un novo supercomputador baseado con GNU/Linux para substitución dun 2º túnel de vento. O mellor é que hano poñer a rular no verán… así que xa haberá máis melloras ;-)

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image