Durante a miña pasada intervención na Cova da Terra, unha das asistentes, nomeadamente Saleta, quixo que afondara nalgo concreto: a colaboración entre israelitas e palestinos grazas a proxectos TIC.
Ata ese dia só sabía do caso OpenOffice.org no cal os dous pobos traballaron conxuntamente por mor dun mesmo problema: a súa escrita vai de dereita á esquerda. Daquela actuaron con lóxica posto que perante un problema común procuraron unha solución conxunta.
Hoxe souben que en Ramallah, vila ben coñecida nos medios como continuo foco de enfrontamentos, está unha start-up á que The New York Times lle adica este artigo.
Ghost Inc. é unha empresa que desenvolve o G.ho.st (Global Hosted Operating SysTem), unha especie de WebOS (Sistema Operativo Web) con escritorio virtual xa que sempre se está ante unha páxina web. Este servizo en Internet que ofrece:
- integración web con tercerias aplicacións,
- 3 GB para servizo de correo-e, calandario, contactos,
- 5 GB de espazo en disco duro virtual,
- widgets,
- multi-idioma, etc.
Tes máis ligazóns e información na Wikipedia.
Hai tempo que este tipo de tecnoloxía (WebOS) está presente con diversas alternativas, sempre seguindo o paradigma SaaS (Software as a Service, Sw como servizo). Porén este caso chama a atención porque os israelitas e palestinos foron quen de unirse para levar adiante un proxecto TIC esquecendo as diferenzas que acotío lles separan.
Sobre a controversia do futuro das licenzas libres ante un escenario SaaS escribirei noutro intre pois considero que merece un capítulo aparte.
asennadas
En: AGNIX, Curiosidades, Historia(s), Internet, Negocios, Relatorios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Quen escribe vén de confirmar que do vindeiro 25 de xuño ao 1 de xullo irá convidado a un evento sobre SwL en Luanda, capital de Angola, que está a ser organizado polo angolano Marcio Cándindo e o carioca Marco Lima, participante este último nas «Xornadas GalegoLusófonas do Porriño » organizadas por AGNIX no 2006 .
A idea é expoñer as experiencias galegas nesta materia desde diversas perspectivas (comunitaria, asociativa, desenvolvedora, política, empresarial e cultural) abrindo lazos de irmandade lusófona entre as comunidades aló presentes: portuguesa, brasileira, angolana e galega.
O sitio web do evento é www.fsl-luanda.com.
asennadas
En: AGNIX, Amizade, Brasil, Cultura Libre, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal, Relatorios, TEGNIX por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Osalt (Open Source Alternative as Alternative) é un sitio web onde poderás atopar de xeito doado as alternativas dispoñibles en FLOSS (Free/Libre Open Source Software) ás aplicacións privativas que procuras substituir. Constitúe un sitio idóneo para persoas que se achegan ao SwL e tamén para profesionais cando precisan trocar infraestruturas privativas complexas por outras libres e/ou abertas.
Podes navegar por categorías, comparar pros e contras tanto do sw privativo como FLOSS, ou atopalo directamente facendo consultas á súa base de datos poñendo o nome da aplicación.
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Hasefroch por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Durante a miña intervención onte na Cova da Terra (Lugo), asociación adicada ao comercio xusto desde 1995, comentáronse varias semellanzas e afinidades que posúen tanto o SwL como as iniciativas de comercio xusto, sobor de todo no referido a que ambos contribúen a evitar as desigualdades.
Alén disto, xurdiu un debate moi construtivo arredor das necesidades do Terceiro Mundo e como estas adoitan ser dirixidas desde a perspectiva dos países desenvolvidos sen ter en conta as necesidades demandadas polos países afectados. Un exemplo moi ilustrativo foi o dun envío de leite en po a países onde carecían de auga potable…
Extrapolando este caso á coñecida iniciativa do OLPC (One Laptop per Child, Un portátil para cada crianza), o inmediato é cuestionarmos se realmente é iso o que elas (as xentes do terceiro mundo) desexan e precisan. Tivo en conta eses desexos a iniciativa OLPC?
Outro dos temas tratados foi o de se pagaba a pena investir tantos cartos cando as necesidades elementais aínda non están cobertas (véxase a Pirámide de Maslow).
Agradezo o enriquecedor dia de estadía en Lugo ao público asistente, ás xentes da Cova da Terra e, especialmente a Lucía e Saleta. De seguro que seguirei escribindo máis sobre estes temas porque, polo de agora, só deixo algunhas das ideas tratadas.

Imaxe recollida de Wikimedia e logo traducida ao galego
asennadas
En: AGNIX, Amizade, Cultura Libre, EcoloxÃa, Eventos, FLOSS, Persoal por Roberto Brenlla
7 Comentarios »
Cun final inesperado para Tux:
A fonte liga cara a zona onde podes descargar este video e fondos de pantalla.
asennadas
En: AGNIX, Curiosidades, FLOSS, Hasefroch por Roberto Brenlla
1 Comentario »
A consecuencia máis coñecida das recentes modificacións do Código Penal é a referida a conducir bébedo, drogado, sen carnet ou poñendo en risco ás demais persoas condutoras pois desde a súa entrada en vixencia isto implica condenas de cárcere.
Do que non tiña coñecemento é que entre esas modificacións inclúese esta do epígrafe 3 do artigo 197 da Lei Orgánica 10/1995 do Código Penal:
3. O que por calquera medio ou procedemento e vulnerando as medidas de seguridade establecidas para impedilo, accedese sen autorización a datos ou programas informáticos contidos nun sistema informático ou en parte do mesmo, será castigado con pena de prisión de seis meses a dous anos.
É dcir, antes da modificación penábase a substracción, eliminación ou alteración de datos e agora abonda co acceso non autorizado que vulnere as medidas de seguridade.
Daquela ten coidado coas túas prácticas de Redes posto que moitas delas poden ser obxecto de penas de cárcere e máxime tendo en conta que podes seres xulgado por persoas que non coñecen a diferencia entre hackers e crackers.
asennadas
En: AGNIX, Curiosidades, Seguridade por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Varios son os artigos da Constitución Española que non se cumpren alomenos en toda a súa extensión. Un típico exemplo é o do Dereito de acceso a unha vivenda digna.
Outros exemplos, os puntos 3º e 4º do artigo 18 din:
3. Garántese o segredo das comunicacións e, en especial, das postais, telegráficas ou telefónicas, non sendo en caso de resolución xudicial.
4. A lei limitará o uso da informática para que se garanta o honor e maila intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.
Aconteceu onte que fun anovar o meu pasaporte e DNI. Lamentablemente a ninguén lle sorpende que todo ilo fora feito con Hasefroch e navegador privativo IE. Sendo así, como é posible que sigan confiando nunha empresa foránea á que lle inxectamos millóns de euros a cada pouco e por riba esa empresa non permite ao Estado facer valer a Constitución? Cal é o motivo desa xenial estratexia? Pódenme garantir que os meus datos só os manipula o Estado?
Garantir eses puntos 3º e 4º dese artigo implica ter, como mínimo, acceso ao código fonte completo das aplicacións envolvidas. Si, está claro, o ideal sería que fora necesario SwL mais, stricto sensu iuris, abonda con que sexa aberto e auditable.
Como senón ten o Estado a certeza de que o que ve facer é o que realmente fai, e só iso e nada máis ca iso? Sen esa certeza é imposible garantir nada constitucional á cidadanía.
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Relatorios por Roberto Brenlla
4 Comentarios »
En breve terei un novo portátil que non vén co adhesivo de Hasefroch porque sinxelamente virá sen el, aínda que si coas súas teclas correspondentes (as que están entre Ctrl e Alt e á dereita de Alt Gr), coñecidas tamén como teclas «Super».
Substituir estas teclas é posible seguindo os pasos comentados neste artigo, a xeito de bricolaxe (fonte).
En canto ás outras, as grandes, é ben máis doado por teres de partida unha colección delas dispoñibles en OpenStickers, algo que xa o anunciara Tonio neste artigo apuntando a unha ligazón que agora deixou de estar activa. Como é habitual tes varias posibilidades ofrecidas todas elas coas súas fontes en ODG (Open Graphics Document de OpenOffice.org)
asennadas
En: AGNIX, Amizade, Curiosidades, FLOSS, Hasefroch por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Alessandro Faria (Cabelo) mandou este artigo:
Neste documento veremos de forma simples e objetiva, como efetuar uma compilação cruzada gerando um programa HelloWord para o famoso console PlayStation 3. A distribuição utilizada foi o OpenSuSE 10.3 e o equipamento foi um despretensioso PC de 32 bits.
O artigo completo.
asennadas
En: AGNIX, Amizade, Brasil, Curiosidades, FLOSS, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
No pasado xoves 22 de maio de 2008 Canal Sur emitiu unha entrevista ao fundador da FSF, Richard M. Stallman. Atopeina en YouTube:
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Internet por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Unbound é unha solución libre (licenza BSD), segura e de alto rendemento, alternativa ao moi coñecido servidor de nome de dominios BIND (Berkeley Internet Name Domain).
Unbound 1.0 foi desenvolvido por NLnet Labs, VeriSign, Nominet e Kirei. Pretende que coa a licenza BSD poida convertise nunha alternativa sólida para ISP (fornecedores de servizos de Internet) e tamén para fabricantes de dispositivos con software embebido.
Tes este amplo artigo con a súa presentación así como a fonte.
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Internet, Negocios, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Declaración da Haia
Adoptada e proclamada pola asemblea fundadora da Organización para os Estándares Dixitais (Digital Standards Organizations -es, pt-) na cidade da Haia, o día 21 de Maio 2008.
Considerando que fai case 60 anos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos estableceu como leis internacionais as seguintes liberdades e dereitos:
- O dereito a non ser discriminado fronte a lei ou goberno (Artigo 2, Artigo 7).
- O dereito a circular libremente dentro das fronteiras do seu Estado (Artigo 13.1).
- O dereito a partircipar no goberno do seu país (Artigo 21.1).
- O dereito ao acceso igualitario á función pública (Articulo 21.2).
Considerando que estes dereitos e liberdades son hoxe aceptados por todo goberno democrático e outorgados polas constitucións da maioría dos estados;
En: AGNIX, Estándares por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »