Adobe crea Open Screen Project
Adobe vén de anunciar o Open Screen Project, apoiado xa por moitas e importantes empresas TIC. Tal proxecto dá a entender unha leve tentativa de apertura que ao fin e ao cabo é o que importa.
Así, esta nova estratexia 'open' inclúe as seguintes medidas iniciais:
- Eliminacións das restricións de uso das especificacións do SWF e FLV/F4V
- Publicación de especificacións que fagan doado o portado da tecnoloxía Adobe Flash Player
- Publicación dos portocolos Adobe Flash® Cast™ e AMF
- Eliminción das cotas por licenzas do Adobe Flash Player e Adobe AIR
A idea de fondo é ampliar o posicionamento nos mercados de trabellos móbiles e estendelo máis aló do actual 98% nos escritorios de PCs conectados a Internet así como protexerse dunha máis que probable competencia do proxecto Silverlight de Hasefroch. En canto ao desexo real de liberación, resta moito por comprobar.
Fonte.
chuzame -
En: AGNIX, Hasefroch, Negocios, Tecnoloxía por Roberto Brenlla
Leave a Reply