Cabo Frio

Antonte chegaban do Brasil os meus pais tras pasar alá máis dun mes de vacacións, un par de dias en Rio de Janeiro e o resto en Cabo Frio, unha bela cidade do mesmo estado, con máis de 150.000 habitantes.

Conservo marcadas lembranzas dalá por ter pasado uns dias de campamento na miña infancia: praias, augas transparentes, salinas… Agora engado unhas Havaianas e un cd repleto de MP3 que venden aos turistas xunto con imaxes da zona.

Moitas anécdotas trouxeron os meus pais, sobre todo referidas ao binomio riqueza/pobreza. Xentes agarimosas, paisaxes paradisíacas, autopista de ‘portagem‘ con liña pintada no chan para separar os sentidos de marcha e a veces até monocarril, menino tirado na rúa, favelas enriba de grandes mansións, policías do BOPE armados ata os dentes, máis mortes diarias que no Iraq… Isto último no Rio, claro, non en Cabo Frio.

Aínda e así, á pregunta «Onde preferiríades vivir, alá ou en Europa?«, o meu pai non tiña dúbida «Aquí«, a miña nae para nada o tiña tan claro…

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response to “Cabo Frio”

  1. [...] que me deu a miña nae ao ver tanquetas patrullando as rúas dunha favela na súa recente viaxe a Cabo Frio. Claudio díxome que en Berlín non daban crédito ao contido da película porque, de ser [...]

Olark Livehelp