NetBeans 6.1 integra MySQL e PHP

Sun Microsystems vén de anunciar a versión 6.1 do IDE (Integrated Development Environment, Contorna de Desenvolvemento Integrado) NetBeans, con licenzas libres GPLv2 e CDDL.

As dúas melloras máis significativas son a integración de MySQL nos proxectos desenvolvidos no IDE e maila introdución dun conxunto de ferramentas para poder empregar PHP. As ferramentas PHP veñen como engadido separado, PHP Early Access, con funcións de edición intelixentes. Alén disto tamén está garantida a integración con CSS, HTML e javascript así como un mellor soporte á progamación orientada a obxectos Ruby e Jruby (un xestor da plataforma Ruby).

Nesta versión con integración de MySQL disponse da posibilidade de usala con recursos Web Ajax. Para ilo fornécese un navegador exclusivo no propio IDE.

Paga a pena lembrar que existe unha ampla colección de engadidos dispoñibles para NetBeans.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply