SwL no III Dia do emprendedor
O III DÃa Galego do Emprendedor celébrase o vindeiro 15 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Nesta edición afóndase nun novo e paradigmático modelo de negocio, o software libre, cun amplo itinerario no que distintas empresas explicarán como basean os seus negocios nesta tecnoloxÃa.
O software libre presenta importantes vantaxes para as pequenas e medianas empresas: a independencia tecnolóxica, o acceso ao código fonte, ilimitada capacidade de adaptación, comunidades de soporte, repositorios de programas, transferencia de coñecemento…
Os sistemas GNU/Linux ofrecen dende distribucións amigables para o usuario (Ubuntu) ata as máis avanzadas prestacións para servidores (Debian). Ademais, cómpre destacar a posibilidade de dispoñer do código fonte, xunto cun sistema de licencias que promove a liberdade fronte á restrición.
Se xa non é posible falar de negocios sen falar de tecnoloxÃa e de proxectos colectivos en rede, deberÃamos preguntarnos se estamos ante a máquina que cambiará o mundo.
Contamos coa túa aportación. Asiste ao DÃa Galego do Emprendedor. Só precisas facer a túa preinscrición.
Máis aquÃ.
chuzame -

Leave a Reply