Turismo nas Favelas

A raíz dunha nova que me comentou o amigo Hermo souben dalgo estraño polo novidoso e até chocante da iniciativa. Acontece que se hai axencias de viaxes que teñen na súa oferta facer turismo nas favelas do Rio de Janeiro.

Daquela, a raíz da nova que me comentou Manuel, fun atopando cousas como:

  • Favela Tour
  • O artigo "Turismo e favela: reflexões sobre ética e fotografia"
  • Outro titulado "É interessante promover a favela como destino turístico?"
  • Outro Favela Tours
  • e varios máis que xa deixo á pesquisa de cada quen.

Todo isto véu a colación pola película brasileira Tropa de Elite, na contorna da loita contra a delicnuencia e mailo tráfico de drogas e armas por medios policiais extremos (BOPE, Batalhão de Operações Especiais).

Acontece que comezan xurdir críticas contra esta nova forma de turismo alternativo, ben distinto ao turismo ecolóxico, ao tildalos como incentivadores da delincuencia e co agravante de ofrecer unha imaxe indesexable do país. É que os turistas poden chegar a facerse fotos cos capos que trafican con drogas e armas...

Se cres que todo é película, olla este video:

Chuzame! chuzame -

One Response to “Turismo nas Favelas”

  1. Ostraas que medo, estado de guerra.

    Pola tve2 non sei se en Enportada ou en DTV saiu fai uns meses unha reportaxe sobre isto, entrevistaban aos narcos, falaban coas xentes, e viase como loitaban uns cos outros polas noites.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image