DBAN, borrado completo de discos duros

Para que precisas borrar completamente discos duros? Pódense pór varios exemplos. No meu caso é pola cesión do meu portátil a outra persoa con suficientes coñecementos técnicos como para atopar datos teoricamente eliminados. Outro exemplo ben sinxelo pode ser a venda do teu equipo a unha persoa descoñecida.

Borrar datos cun sinxelo ‘rm‘ ou até formatar de novo o un disco duro non abonda para teres a certeza de que os datos no disco non sexan recuperables empregando ferramentas especializadas como ‘foremost‘.

Seguindo os consellos de Carlos Rodríguez, hei empregar a ferramenta Darik’s Boot and Nuke, máis coñecido como DBAN que vén sendo empregada no proxecto GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informática da UVigo).

DBAN é SwL protexido pola licenza GPL a xeito de disco de arranque (disquete ou cdrom) de doado manexo porque só tes que arrancar desde cero o teu equipo empregando ese disco, do mesmo xeito que farías para instalares un sistema operativo, por exemplo. Polo tanto é moi probable que teñas que trocar a prioridade do dispositivo de arranque na BIOS. Tes máis información en README.txt.

DBAN elimina automaticamente os datos contidos en discos SCSI, IDE, PATA e SATA, destruíndo sistemas de ficheiros FAT, VFAT, NTFS, ReiserFS, EXT e UFS con garantías e baixo diferentes métodos de borrado.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp