SuiteTelecentro

SuíteTelecentro é unha solución tecnolóxica relacionada co Programa de Inclusão Digital do Banco de Brasil (BB) iniciado no segundo semestre de 2003. Nese momento, organizacións e comunidades comezaron a recibir doazóns de computadores usados polo BB. Era necesario atopar unha solución que fose adecuada ás condicións económicas das comunidades ás que ían dirixidas esas doazóns.

A partir da experiencia dos telecentros comunitarios na cidade de São Paulo que estaban utilizando unha solución de nome Sacix, baseado en Debian GNU/Linux, o Banco de Brasil coa colaboración de ANCA (Asociación Nacional de Cooperación Agrícola), que iniciaba a instalación de telecentros comunitarios en asentamentos rurais, personalizou unha primeira solución a partir da realidade atopada.

A experiencia adquirida serviu de combustible para a evolución do conxunto de softwares hoxe existentes na solución. O nome SuíteTelecentro foi lanzado en marzo de 2006 polo BB e pola OTUN (Open Technology Users Network).

A última versión estable 1.1-7, está baseada na Debian GNU/Linux 3.1 Sarge, interface gráfica KDE, rodando sobre LTSP (Wikipedia-es) e incluíndo, alén do sempre habitual, Mediawiki para produción de contidos de forma colaborativa en rede e Ocara para xestión de telececentros (con LAMP).

Fonte.

asennadas

 

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply