Robot humanoide libre e aberto á colaboración

iCub é unha plataforma robótica aberta que está a promover a investigación colaborativa en sistemas cognitivos artificiais. iCub é un robot humanoide, de 94 centímetros de alto de mesmo tamaño e forma similar que un neno de 2 anos, dotado de 53 grados de liberdade. Será capaz de gatear, erguerse, as súas mans permitirán unha hábil manipulación de obxectos e con articulación total de cabeza e ollos.

RobotCub é un proxecto integrado por 10 centros de investigación europeos, complementados por 3 centros americanos e 3 xaponeses, financiado pola Unión Europea vía a Unidade Cognitiva (E5) da compoñente de Tecnoloxías da Sociedade da Información do Sexto Programa Marco (FP6). O proxecto lanzouse o 1 de Setembro de 2004 e ten unha duración prevista de 5 anos e cun financiamento de 8.5 millóns de euros.

O proxecto RobotCup ten dous obxectivos principais asociados:

  1. Crear un novo robot humanoide avanzado, o iCub, para dar soporte á comunidade de investigadores en cognición imposta.

  2. Avanzar no noso entendemento de varios factores decisivos en cognición, mediante a explotación da plataforma na investigación de capacidades cognitivas.

O iCub é un robot humanoide posúe capacidades visuais, auditivas, vestibulares e sentido do tacto. Unha das grandes vantaxes de iCub é que é un sistema totalmente aberto, o deseño e a documentación de todo o hardware e software se licenza baixo as licenzas da GNU Free Software Foundation, de forma que o sistema poida ser libremente replicado e personalizado. Os deseños mecánicos e electrónicos estanse liberando baixo licenza FDL (GNU Free Document Licence) e todo o software embebido (controladores, interfaces e sistema cognitivo) baixo licenza GPL (GNU Geral Public Licence).

iCub pode supoñer unha revolución na Intelixencia Artificial, establecendo unha plataforma base para a investigación nestas áreas como un proxecto totalmente aberto, establecéndoo como estandar de facto.

A fonte apunta cara este artigo.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply