RippedWire, ferramenta GPL para conversión de DVDs

Trátase dunha interface do HandBrakeCLI, programa GPL de liña de comandos, pensado para transformar DVDs (cifrados ou non) en outros do tipo OGM, MP4, MKV e AVI.

Está indicada para usos algo complexos por mor das múltiples posibilidades de axustes das conversións a seren feitas alén dunha interface non moi usable. Porén ten boa integración no escritorio GNOME e varias opcións interesantes como decidir o tamaño máximo desexado da conversión, selección de capítulos...

RipperWire tamén é GPL, ten páxina con pantallas, zona de descarga (fontes e binarios .deb) así como manual en inglés.

asennadas

Chuzame! chúzame -

3 Responses to “RippedWire, ferramenta GPL para conversión de DVDs”

  1. Ousexa o mesmo que fai DeveDe -ale máis rodas ao carro-

  2. Segundo o seu propio autor, Sergio Costa, DeVeDe é un programa que permite crear video DVDs e CDs, aptos para un reprodutor doméstico, a partir de case que cualquera conxunto de arquivos de vídeo, en calquera formato reproducible por Mplayer.

    RippedWire fai o oposto, ‘ripea’ DVDs e dá como resultado varias posibilidades. Outro detalle interesante del é que non emprega a biblioteca de cifrado libdvdscc2.

  3. Uppps perdón!! ainda así eu non fai moito usei DeveDe para pasar de .flv -> .mpeg , .avi-> .mpeg

    así que… :-)

Leave a Reply