Declaración da Haia (Digital Standards Organization)
Declaración da Haia
Adoptada e proclamada pola asemblea fundadora da Organización para os Estándares Dixitais (Digital Standards Organizations -es, pt-) na cidade da Haia, o día 21 de Maio 2008.
Considerando que fai case 60 anos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos estableceu como leis internacionais as seguintes liberdades e dereitos:
- O dereito a non ser discriminado fronte a lei ou goberno (Artigo 2, Artigo 7).
- O dereito a circular libremente dentro das fronteiras do seu Estado (Artigo 13.1).
- O dereito a partircipar no goberno do seu país (Artigo 21.1).
- O dereito ao acceso igualitario á función pública (Articulo 21.2).
Considerando que estes dereitos e liberdades son hoxe aceptados por todo goberno democrático e outorgados polas constitucións da maioría dos estados;
Considerando que todos os países diríxense, aínda que con diferentes velocidades e puntos de partida, cara a unha sociedade na que a plena e efectiva participación en goberno e sociedade, así como o acceso aos servizos públicos, a educación e as oportunidades, son cada día máis dependentes do acceso ás comunicacións electrónicas globais;
Considerando, máis especificamente, que
- Servizos, recursos e información gobernamentais provense cada día máis de forma electrónica no canto de fisicamente;
- A liberdade de opinión e asociación exércense cada vez máis de forma electrónica no canto de presencialmente;
- Internet e o Web representan unha vía sen precedentes cara á paridade de oportunidades e educación para todas as persoas do mundo;
Considerando que, cumprindo unha transición cara a unha sociedade dixital, os beneficios do Internet así como os nosos dereitos humanos duramente conquistados, poderán ser garantidos unicamente asegurando un acceso económico e ecuánime a unha rede global que conserve a súa abertura;
Considerando o papel único que os estándares abertos e libres poden xogar asegurando este resultado, promovendo competencia e innovación, baixando os prezos e aumentando as opcións;
Considerando que os gobernos, a través do seu exemplo e as súas adquisicións, están na condición de asegurar que todas as persoas teñan acceso aos beneficios que só os estándares dixitais abertos e libres poden providenciar;
Considerado que estes beneficios son de particular importancia para os pobos economicamente, socialmente e xeograficamente desfavorecidos do mundo;
Considerado que hai cada día máis concordia nos atributos dun estándar libre e aberto;
Rogámoslle a todos os gobernos que:
- Adquiran unicamente tecnoloxía da información que implemente estándares libres e abertos;
- Providencien servizos de goberno electrónico unicamente a través de estándares libres e abertos;
- Usen unicamente estándares libres e abertos nas súas propias actividades.
Fonte: Manuel Xosé Lemos
chúzame -
En: AGNIX, Estándares por Roberto Brenlla
Leave a Reply