Guerra non declarada

favela.jpgVeño de ver a película Ônibus 174 grazas ás 13 partes na que a dividiu Guerrilha74, persoa tamén interesada nas favelas e maila súa ampla contorna de causas e efectos. Ônibus 174 é un documental, se cadra sinxelo demais, feito no 2002 por Jose Padilha, o mesmo director da premiada Tropa de Elite, seguindo nesta última os consellos recibidos de Fernando Meirelles, director de Cidade de Deus. Outro bo documental é este titulado Notícias de uma Guerra Particular.

Esta temática faime meditar sobre varios aspectos desta dura realidade:

  • Favela é complexidade. Porén, a solución tería que enfrontar aspectos como

    • Legalización das drogas e/ou concienciación da parte consumidora a deixar de protagonizar esa parte do esquema de mercado.
    • Reparto da riqueza para combatir fame, pobreza, saúde...
    • Corrupción é un quiste endémico a ser extirpado non só da clase política
    • Educación universal
    • Control de natalidade
    • Control de fabricación/distribución de armas a nível internacional
    • Sistemas penitenciarios reinsertores, non instrutores e xeradores de máis odio.
    • Concienciación colectiva de que se pode/se debe saír desta situación
    • Sumar múltiples esforzos e solucións imaxinativas. É positivo o turismo de favelas?
  • Criança de rua é unha triste consecuencia. Haberá ben máis de duascentas mil declaradas polo goberno. Con frecuencia morren a tiros ou até coa cabeza esmagada por causa dunha pedra grande que lles tiran mentras dormen no chan. Sandro Barbosa, o secuestrador do Ônibus 174, foi menino de rua.
  • Policía amplamente corrupta, conformada por persoas sen formación que recebe salarios noxentos. Téñense que enfrontar na guerra dos morros contra capos fortemente armados, moito máis do que eles.
  • Un novo sistema precisa nacer derribando ao actual.
  • É unha guerra non declarada, con máis mortos cás si declaradas, como a do Iraq. Datos de Rio de Janeiro: Cada hora e media morre unha persoa, en 1999 morreron 6000...
  • Deus, samba, paraíso de sexo e fútbol non son a solución.
  • Necesidade é maior do que a moral. Se é preciso se rouba ou até mata.
  • A mídia en xeral contribúen ao espectáculo.
Chuzame! chúzame -

Leave a Reply