Adhesivos libres

En breve terei un novo portátil que non vén co adhesivo de Hasefroch porque sinxelamente virá sen el, aínda que si coas súas teclas correspondentes (as que están entre Ctrl e Alt e á dereita de Alt Gr), coñecidas tamén como teclas "Super".

Substituir estas teclas é posible seguindo os pasos comentados neste artigo, a xeito de bricolaxe (fonte).

En canto ás outras, as grandes, é ben máis doado por teres de partida unha colección delas dispoñibles en OpenStickers, algo que xa o anunciara Tonio neste artigo apuntando a unha ligazón que agora deixou de estar activa. Como é habitual tes varias posibilidades ofrecidas todas elas coas súas fontes en ODG (Open Graphics Document de OpenOffice.org)

asennadas

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply