Código Aberto para poder cumprir a Constitución Española
Varios son os artigos da Constitución Española que non se cumpren alomenos en toda a súa extensión. Un típico exemplo é o do Dereito de acceso a unha vivenda digna.
Outros exemplos, os puntos 3º e 4º do artigo 18 din:
3. Garántese o segredo das comunicacións e, en especial, das postais, telegráficas ou telefónicas, non sendo en caso de resolución xudicial.
4. A lei limitará o uso da informática para que se garanta o honor e maila intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.
Aconteceu onte que fun anovar o meu pasaporte e DNI. Lamentablemente a ninguén lle sorpende que todo ilo fora feito con Hasefroch e navegador privativo IE. Sendo así, como é posible que sigan confiando nunha empresa foránea á que lle inxectamos millóns de euros a cada pouco e por riba esa empresa non permite ao Estado facer valer a Constitución? Cal é o motivo desa xenial estratexia? Pódenme garantir que os meus datos só os manipula o Estado?
Garantir eses puntos 3º e 4º dese artigo implica ter, como mínimo, acceso ao código fonte completo das aplicacións envolvidas. Si, está claro, o ideal sería que fora necesario SwL mais, stricto sensu iuris, abonda con que sexa aberto e auditable.
Como senón ten o Estado a certeza de que o que ve facer é o que realmente fai, e só iso e nada máis ca iso? Sen esa certeza é imposible garantir nada constitucional á cidadanía.
chúzame -
En: AGNIX, FLOSS, Relatorios por Roberto Brenlla
Correción!!!! a min chamar non me chamou a atención, pero sí que é certo que me preguntei como/cando/de que forma/usando tal e cual tecnoloxia/… se podia facer iso con ferramentas/formatos/… libres,ceibes,abertos,…
Unha puntualización, o ‘estado’ sí ten acceso ao código fonte do HaseFroch, e das suas ferramentas.
Eo típcio usan iso porque os que gobernan foron criados baixo esa cultura de ver o guin2 no seu pc. Xa sabes que o primeiro é ou debería ser a educación dos gobernantes que ao fin e ao cabo son os que toman decisións cos cartos dos cidadans.
O Estado ten acceso PARCIAL ao código fonte, iso é o que sabemos, din. Só que esa pequena marxe na que NON se accede xa abonda para non termos certeza absoluta
Alén disto, a oportunidade de ver o código era (segundo lembro) só iso, ver o código, non copialo para logo estudalo. Daquela… quen pode garantir que tras ver unhas dúcias de milleiros de liñas poida dicir (con garantías totais): “aquí non hai código sospeitoso”?
Por certo que o estado non fai valer as normas que se marca non é novidade, sen ir máis lexos hoxe nas novas saia que centos e centos de follas con datos confidenciais apareceron tirados en contenedores do lixo,…, en fín mil e un exemplos hai…
Xa sabes, fai o que eu che mando pero non o que eu fago, en fin…
Algo que me parece moi grave falando disto é que o Sergas ven de comezar a implementar a historia clínica informatizada e estase facendo con software privativo (polo menos nos centros de saúde que é onde o persoal sanitario introduce eses datos).
Non podo entender que datos tan sensibles coma eses se confíen a un software que a administración non ten capacidade de auditar ¿como poden garantir a integridade dos nosos datos?.