SwL, Terceiro Mundo e Pirámide de Maslow

Durante a miña intervención onte na Cova da Terra (Lugo), asociación adicada ao comercio xusto desde 1995, comentáronse varias semellanzas e afinidades que posúen tanto o SwL como as iniciativas de comercio xusto, sobor de todo no referido a que ambos contribúen a evitar as desigualdades.

Alén disto, xurdiu un debate moi construtivo arredor das necesidades do Terceiro Mundo e como estas adoitan ser dirixidas desde a perspectiva dos países desenvolvidos sen ter en conta as necesidades demandadas polos países afectados. Un exemplo moi ilustrativo foi o dun envío de leite en po a países onde carecían de auga potable...

Extrapolando este caso á coñecida iniciativa do OLPC (One Laptop per Child, Un portátil para cada crianza), o inmediato é cuestionarmos se realmente é iso o que elas (as xentes do terceiro mundo) desexan e precisan. Tivo en conta eses desexos a iniciativa OLPC?

Outro dos temas tratados foi o de se pagaba a pena investir tantos cartos cando as necesidades elementais aínda non están cobertas (véxase a Pirámide de Maslow).

Agradezo o enriquecedor dia de estadía en Lugo ao público asistente, ás xentes da Cova da Terra e, especialmente a Lucía e Saleta. De seguro que seguirei escribindo máis sobre estes temas porque, polo de agora, só deixo algunhas das ideas tratadas.

piramide_de_maslow_gl.png

Imaxe recollida de Wikimedia e logo traducida ao galego

asennadas

Chuzame! chúzame -

7 Responses to “SwL, Terceiro Mundo e Pirámide de Maslow”

  1. Bótalle un ollo a esto Brenlla .. a ver qué che parece: http://www.slideshare.net/amaneiro/propiedad-intelectual-y-desarrollo/

    Foi a que eu usei para a charla de “Software libre e cooperación” dunha asignatura da facultade de camiños. Creo que os tiros van por ahí..

    Nun mundo onde cada vez a riqueza está máis e máis concentrada (gracias en parte ás patentes e mecanimos similares) … a única estratexia válida para fomentar o desenvolvemento é necesariamente open-source.

  2. Fantástico Andrés! Con certeza os tiros van por aí e compleméntase co falado onte na Cova.

    Ah! Por certo, onte mencionei o teu nome precisamente por mor de “Enxeñeiros sen Fronteiras” ;-)

  3. Certo que vos mencionou!!

    Pois gracias a tí Roberto por a túa xenerosidade, sencillez e cercanía. Estivo xenial!

    Pois iso que seguro que na mezcla dos ingredientes está a riqueza e á amplitude de miras:

    Software Libre + Comercio Xusto = aposta por un Consumo máis Responsable

    Ingredientes con código abertos á misturarse con outras posibles correntes ideolóxicas e o debate está servido.

    Bon día Roberto!!

    Saleta

  4. Certamente caralluda presentación Andrés!! Noraboa por elo.. hai diapositivas que falan por sí soas -8-14-19 (bueno esto ten delito de collóns, isto non e que sexa inmoral e que simplemente non ten razón de ser, se non me trabuco o mesmo esta pasando con unha vacina contra a malaria que descubriu un profesor-investigador Catalán, e por desgraza seguro que haberá moitos máis casos… lamentable!).

    Estou preto de dar un curso de informática, e sexa do que sexa sempre busco a forma de falar do sw libre -sempre hai unha boa excusa- penso que vou coller algunha que outra idea para ampliar a exposición… Un saudo!!

  5. Vacuna contra malaria Presentación pero penso que ainda non se comercializa estan en disputa por 1€ entre a farmaceutica ea fundación B&M Gates (sí a do Lrd.Oscuro!) :-/

  6. Aquí o documental da vacina da malaria só dura 30min merece a pena velo::

    Documental Malaria

  7. http://video.google.es/videoplay?docid=2568792896571204352&ei=JhFASIeDDoycigK6u_ShCQ&hl=es

    Penso que me trabuquei antes… :-(

    Vale vale xa deixo de dar a tabarra!!!!!!!!!

    ale vou escoitar un pouco de Booooooikoooooooot!!!!!!!!! aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr!!!!!!!! :-)

Leave a Reply