Israelitas e Palestinos unidos por proxectos TIC
Durante a miña pasada intervención na Cova da Terra, unha das asistentes, nomeadamente Saleta, quixo que afondara nalgo concreto: a colaboración entre israelitas e palestinos grazas a proxectos TIC.
Ata ese dia só sabía do caso OpenOffice.org no cal os dous pobos traballaron conxuntamente por mor dun mesmo problema: a súa escrita vai de dereita á esquerda. Daquela actuaron con lóxica posto que perante un problema común procuraron unha solución conxunta.
Hoxe souben que en Ramallah, vila ben coñecida nos medios como continuo foco de enfrontamentos, está unha start-up á que The New York Times lle adica este artigo.
Ghost Inc. é unha empresa que desenvolve o G.ho.st (Global Hosted Operating SysTem), unha especie de WebOS (Sistema Operativo Web) con escritorio virtual xa que sempre se está ante unha páxina web. Este servizo en Internet que ofrece:
- integración web con tercerias aplicacións,
- 3 GB para servizo de correo-e, calandario, contactos,
- 5 GB de espazo en disco duro virtual,
- widgets,
- multi-idioma, etc.
Tes máis ligazóns e información na Wikipedia.
Hai tempo que este tipo de tecnoloxía (WebOS) está presente con diversas alternativas, sempre seguindo o paradigma SaaS (Software as a Service, Sw como servizo). Porén este caso chama a atención porque os israelitas e palestinos foron quen de unirse para levar adiante un proxecto TIC esquecendo as diferenzas que acotío lles separan.
Sobre a controversia do futuro das licenzas libres ante un escenario SaaS escribirei noutro intre pois considero que merece un capítulo aparte.
chuzame -
En: AGNIX, Curiosidades, Historia(s), Internet, Negocios, Relatorios por Roberto Brenlla
Leave a Reply