Guerra non declarada

favela.jpgVeño de ver a película Ônibus 174 grazas ás 13 partes na que a dividiu Guerrilha74, persoa tamén interesada nas favelas e maila súa ampla contorna de causas e efectos. Ônibus 174 é un documental, se cadra sinxelo demais, feito no 2002 por Jose Padilha, o mesmo director da premiada Tropa de Elite, seguindo nesta última os consellos recibidos de Fernando Meirelles, director de Cidade de Deus. Outro bo documental é este titulado Notícias de uma Guerra Particular.

Esta temática faime meditar sobre varios aspectos desta dura realidade:

  • Favela é complexidade. Porén, a solución tería que enfrontar aspectos como
Chuzame! A Facebook A Twitter

Desculpas oficiais: I love you too, Galego!

O presidente fundador de Mozilla Europe, Tristan Nitot, recoñece ter falado do Firefox en galego sen saber: The truth is actually much simpler : I just did not know, e recoñece o seu erro: I honestly did not want to sound controversial to the Galician community.

A fonte apunta cara esta entrada do blogue de Tristan Nitot onde explica o seu punto de vista do acontecido. Pola súa banda Mancomún publica un comunicado oficial feito polo seu coordinador, Suso Baleato.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Denunciei (presunta) violación da GPL

Merquei un disco duro multimedia Differo que semella ser a marca de distribución en España do HMR-700A da coreana Elliot Digital Inc.

Mentres fedellaba con el chamoume a atención algún directorio do estilo ‘tmpfs’, as barras separadoras do estilo *nix, é dicir ‘/‘ e cousas así. Polo tanto non foi moita sorpresa conectar vía USB ese disco duro ao meu portátil e atopar directorios montados cos nomes «lost+found» ou até un evidente «LinuxUDF».

Procuro en todo o material que me deron (guía impresa, mini-cd con instrucións…) e nada atopo de GPL, nin de Linux, nin gaitas…

Tras isto consulto con Víctor Salgado (avogado-socio de Pintos & Salgado) e a súa resposta foi clara:

En canto ao asunto que me comentas do Disco Duro, semella evidente outra nova violación da licenza GNU, dado que teñen a obriga de publicar os seus traballos e/ou desenvolvementos con base na mesma e incluíndoa expresamente.

Isto xunteino ao seu traballo que publiquei nesta entrada que inclúe este perágrafo:

«Por exemplo, se se distribúen copias dun destes programas, sexa gratuitamente, ou a cambio dunha contraprestación, débese dar aos receptores todos os dereitos que se teñen sobre a mesma. Débese asegurar que eles tamén reciben, ou poden conseguir, o código fonte do programa. E débense mostrar estas condicións de forma que coñezan os seus dereitos.»

Estes feitos foron comentados onte durante a comida de TEGNIX e non houbo unanimidade… Porén tras o que me dixo Víctor Salgado, experto nesta materia, decidín contactar coa empresa coreana para logo decontado dicilo á GPL-Violations nesta mensaxe (contén erros de inglés escrito ás presas).

Veremos como remata a cousa. Teño curiosidade por saber se estou errado ou se hai un novo caso de incumprimento da GPL.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Condicións e limitacións da GPL

Deixo unha transcrición parcial moi elocuente dun traballo feito por Víctor Salgado (avogado-socio de Pintos & Salgado) sobre as condicións e limitacións da licenza pública GNU, coñecida como GPL.

Os obxectivos fundamenatais da licenza pública GNU son:

  1. Protexer o software baixo Copyright e
  2. Dar o permiso legal para copiar, distribuír e/ou modificar o software libremente.

En definitiva, cando a licenza fala de Software Libre, está facendo referencia á Liberdade, non ao prezo. Estas Licenzas Públicas Xerais están deseñadas para asegurar que se teña a liberdade de distribuír copias de software libre (e cobrar por ese servizo se quere), de que se reciba o código fonte ou que poida conseguirse se se quere, de que se poida modificar o software ou usar fragmentos del en novos programas libres e de que se saiba que se poden facer todas estas cousas.

A efectos da lexislación española, o que se pretende é conservar intactos os dereitos morais sobre a obra, e permitir a libre explotación por terceiros dos dereitos patrimoniais a condición de que se cumpran unha serie de condicións recollidas expresamente na Licenza. Por exemplo, se se distribúen copias dun destes programas, sexa gratuitamente, ou a cambio dunha contraprestación, débese dar aos receptores todos os dereitos que se teñen sobre a mesma. Débese asegurar que eles tamén reciben, ou poden conseguir, o código fonte do programa. E débense mostrar estas condicións de forma que coñezan os seus dereitos.

Deixo a ligazón a esta transcrición parcial (documento en formato .odt de tres páxinas).

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

RippedWire, ferramenta GPL para conversión de DVDs

Trátase dunha interface do HandBrakeCLI, programa GPL de liña de comandos, pensado para transformar DVDs (cifrados ou non) en outros do tipo OGM, MP4, MKV e AVI.

Está indicada para usos algo complexos por mor das múltiples posibilidades de axustes das conversións a seren feitas alén dunha interface non moi usable. Porén ten boa integración no escritorio GNOME e varias opcións interesantes como decidir o tamaño máximo desexado da conversión, selección de capítulos…

RipperWire tamén é GPL, ten páxina con pantallas, zona de descarga (fontes e binarios .deb) así como manual en inglés.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

I Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source

Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido: XCARFOS 08Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de Linux de Galicia AULUSC e GLUG, tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a solución de open hardware Arduino.

As xornadas están orientadas á construción de robots baseados no Arduino e á explicación de como aproveitala potencia dos microcontroladores co uso do PC e de software de control robótico aberto.

Datas de PREINSCRICIÓN: do 21 ó 27 de maio deste mes

Data de INSCRIPCIÓN: do 28 ó 29 de maio

Data de CELEBRACIÓN: 17 e 18 de xullo

Máis info en http://xcarfos.aulusc.org.es

Fonte ofrecida por Óscar Casal.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Webby 2008

Recibir un galardón da academia The Webby Awards supón algo así como un Óscar para unha película só que na contorna de sitios webs.

Os integrantes da International Academy of Digital Arts and Sciences decidiron que eran gañadoras desta 12ª edición (2008) as seguintes webs clasificadas segundo a súa funcionalidade: activismo, arte, asociacións, automoción, bancarias, beleza e cosmética, mellores prácticas, mellor emprego de fotografías, comunidade, etc.

Tes esta clasificación aquí e tambén aquí como galería.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cúpula de Mozilla arremete contra a tradución do Firefox ao galego

Segundo diversas fontes, entre outras Vieiros e El País, o co-fundador de Mozilla Europa nomeadamente Tristan Nitot, explica en Barcelona por que non hai aínda unha tradución oficial do navegador na nosa lingua.

Na xornada inaugural do Bdigital Global Congress interviu o propio Tristan Nitot para analizar a traxectoria e as características do proxecto que pariu, entre outros, o navegador Firefox e o cliente de correo Thunderbird.

Ademais de presentar a próxima versión do Firefox, a 3.0, que sairá en xuño, Nitot tivo unhas palabras para os desenvolvedores e os voluntarios que traducen o software. Neste aspecto, o galego non saiu ben parado:

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGNIX na Cova da Terra

swl.jpgNo vindeiro dia 28 de maio ás 20 hs AGNIX estará presente nun evento en Lugo organizado pola ONG A Cova da Terra.

A Cova da Terra traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos e sensibilizando e formando ás/aos consumidoras/es, e futuras/os consumidoras/es do noso contorno máis próximo.

Tedes máis datos nesta entrada do seu blog.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Emprender con Redes Sociais

Redes SociaisAsistín no pasado 15 de maio de 2008 ao evento organizado polo IGAPE titulado «Dia do Emprendedor» aínda que só adiquei o meu tempo á sección Sw Libre, coordinado por Javi Vázquez.

Como adoita acontecer neste tipo de eventos, un énchese con novas perspectivas, abre a mente e afianza os propios criterios. Sen concordar completamente con todos, por algo somos seres individuais que viven en colectividade, enumero algunhas ideas anotadas dignas de seren evaluadas:

  • Eduardo Manchón constuiu o seu proxecto (Panoramio) xunto ao seu amigo e socio, distantes mais sempre en rede, vestindo camiseta, sen horario mais cunha confianza absoluta. Cre que é mellor traballar sen un modelo de negocio e considera que errar é sempre positivo.
  • Juan Freire estivo magnífico, impactante, convincente. Para el o SwL sobrepasa as fronteiras da tecnoloxía ata convertirse nunha nova de entender a realidade. A Rede e, máis concretamente, as Redes Sociais están a demostrar que o modelo Xerárquico é obsoleto neste século, perdendo eficacia frente ás innovacións acontecidas grazas ás novas conexións e funcionalidades engadidas da coñecida como Web-2.0.
  • José Juan Glez. Alonso de Igalia comentou a historia, o modus operandi e perspectivas da empresa facendo fincapé no seu caracter cooperativista e asembleario.
  • Roberto Moreda de Allenta comentou a súa estratexia empresarial e deu ánimos ás novas empresas start-up porque no eido tecnolóxico adoitan seren respectadas, gozando de credibilidade polo seu elevado grao de especialización.
  • Dani Armendáriz de Ikusnet, foi moi breve, se cadra demais para o moito que me estaba gustando a súa intervención. Centrouse nalgo básico, a persoa e a empresa (dinñeiro, saúde e amor).
  • Nacho Correas, CEO de EBOX Plataform, pasou por todos e cada un dos anos da iniciativa empresarial, sinalando as aprendizaxes adquiridas e as súas expectativas de futuro.

Como é costume neste casos, tiven a sorte de compartir experiencias, tanto persoais como na empresa C.T.I. TEGNIX, ao longo da tarde mentres íamos de visita polos garitos e monumentos da cidade vella de Compostela.

O que teño claro é que no noso presente unha organización TIC debe primar ás persoas que as compoñen, favorecendo a xeración de ideas, abríndose á realidade e ás Redes Sociais.

Chuzame! A Facebook A Twitter

República Domincana ten Lei de Sw Libre

Tras varios «considerando» referidos ás liberdades que outroga o SwL e os deberes do Estado, a Lei da comezo así:

Artigo 1. O Estado Dominicano empregará preferentemente sistemas e programas de computadoras de Software Libre desenvolvido baixo Estándares Libres, en todos os seus sistemas, proxectos e servizos informáticos de uso interno e público das institucións do Estado.

Parágrafo: Para tales fins, todos os órganos e entidades da Administración Pública Estatal Centralizada e Descentralizada, iniciarán os procesos de migración das actuais plataformas de software cara a plataformas de Software Libre desenvolvido baixo Estándares Libres.

O texto completo, tanto dos «considerando» como da propia lei están nesta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Expresso Livre, un eGW personalizado

Froito da coñecida ferramenta de traballo colaborativo alemá eGroupWare e da súa adaptación feita pola empresa Celepar para atender ás necesidades corporativas do estado de Paraná nace Expresso Livre.

Non se trata dun fork do eGW, posto que sempre manteñen contactos e persevan a versión estable da súa API, tan só dunha mellora xeral da contorna. Así, a alta estabilidade e escalabilidade desta solución están avaladas polo elevado número de persoas que a están a empregala na rede corporativa dese estado, máis de cen mil. Aleń diso destacan o emprego exclusivo de estándares, a súa elevada usabilidade, a independencia da plataforma (tanto en cliente como servidor) e libre mobilidade para quen a empregue.

Está desenvolvido en PHP e AJAX, é rápido e inclúe as seguintes funcioanlidades:

  • ExpressoMail para o seu sistema de correo web.
  • Axenda sincronizada co módulo anterior, onde os usarios reciben avisos de compromisos adquiridos.
  • Libro de enderezos que permite diferenciar entre os corporativos, grupais e persoais.
  • Fluxos de traballo
  • Boletíns internos para comunicados corporativos
  • Mensaxería instantánea

Para teres unha mellor idea do seu potencial ofrécese a posibilidade probares unha demostración en liña.
Souben dela grazas a Claudio F. Filho.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp