Keepass, xestor de contrasinais universal

http://tbn0.google.com/images?q=tbn:3F1KlgzOvB0nGM:http://www.kabatology.com/wp-content/uploads/2007/11/kp_logo_main.pngHai pouco tratei neste artigo o tema xenérico da importancia de termos contrasinais o máis seguras posibles cunhas regras xenéricas e prácticas. O amigo Óscar ampliou o anterior cun novo artigo amosando como telo todo máis cómodo e seguro grazas ao programa Revelation. Logo disto véu un comentario a ese artigo feito por Xurxo ofrecendo unhas ligazóns a un programa multiplataforma con licenza libre GPL nomeado Keepass.

E si, semella que Keepass é unha moi completa solución para xerar e xestionar contrasinais. É extensible grazas a unha ampla colección de engadidos (plugins) alén de ser unha aplicación portable que podes levar na túa memoria USB e empregalo en calquera sistema operativo ou dispositivo móbil (PDAs, teléfonos con Symbian e j2me, etc).

Keepass engade a todo ilo unha boa facilidade de uso. Para saber máis desta aplicación e usala a cotío tes esta guía paso-a-paso (en inglés) que inclúe varias imaxes.

En concreto, a versión para GNU/Linux e Mac é nomeada como KeepassX.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Camisetas sobre SwL feitas pola galega KillerMundi

KillerMundi é unha empresa viguesa que vende camisetas de Sw Libre en virtude dos acordos suscritos con Debian Soft. e cos escritorios KDE e Gnome Hispano. Doan a Debian ou ao escritorio correspondente 3 € por cada camiseta vendida. Estas doazóns empréganse para a organización de eventos e para a promoción e desenvolvemento dos escritorios.

Tes unhas mostras aquí e aquí.
asennadas

Chuzame! chúzame -

I FSL Luanda (080626) comeza pasado mañá

angola_asl.jpgA ASL-Angola (Associação Software Livre Angola), organizadora do evento, tivo que trocar a grade (axenda) por mor dos últimos acontecementos, a saber, dificultades cos vistos para pasaporte, relatores que non poden vir, voos ateigados e sen prazas libres, etc.

Daí que o evento comece mañá, dia 28 de xuño, tendo dúas salas con sesións simultáneas. Teño a sorte de inaugurar unha delas xusto despois do acto de apertura e tamén de pechar o evento contando as experiencias galegas nesta materia.

I Fórum de Software Livre de Luanda

asennadas

Chuzame! chúzame -

Galicia en Brasil, Galiza en Angola

Pois iso, polo de agora aínda non atopei a ninguén do Brasil escribindo ou dicindo outra cousa que non fora "Galicia". Porén chamoume a atención nunha charla con integrantes de ASL (Angola Sw Livre) que un deles, nomeadamente Graciano, preguntou: "Como vai o Sw Livre na Galiza" con ese sotaque angolano moito máis semellante ao brasileiro có portugués. Resposteille "Você disse 'Galiza' com 'z'? Poxa, muita gente lá vai gostar de saber disso".

Tamén estou comprobando que Angola e Brasil síntense irmáns con bastante enemizade a todo o que sexa Portugal por ser esta antiga potencia colonizadora que surtiuse de man de obra escrava nesa zona para levala a Brasil.

Chuzame! chúzame -

Empresario extorsionando a amigos brasileiros

Tes un empresario que inviste en novas empresas grazas a non pagar o que debe aos seus empregados. Tes que saber máis del nesta entrada.

Chuzame! chúzame -

I FSL Luanda (080624-25), chegada e primeiro dia en Luanda

Con Mauro nos A viaxe a Angola foi moi boa, sen turbulencias nas sete horas que durou. Cheguei de noite, ás 19 hs, e todos os pasaxeiros tivemos que pasar por interminables colas coas que fichaban a nosa entrada enchendo de carimbos todos os documentos. Tanto así que a media dúcia de persoas 'carimbando' parecían en batalla cando coinicidían todas elas a facer o mesmo, un ruido moi característico.

Tras unha hora de espera comezou a saída real do edificio e, tal como mo prometera, Marcio estaba alá co seu primo Mauro esperando. Foi un alivio, con certeza. Daí ao hotel, un edificio para deportistas, a carón do estadio dos "Palancas Negras", o club de fútbol da capital.

O cuarto cheiraba a insecticida pero non importou nada porque era básico non ter mosquitos, outro alivio. Marcio chamou á miña casa para deixar tranquila a familia. Xantamos no mesmo hotel e logo fun para cama, moi canso.

Hoxe xa espertei cun viciño brasileiro que participará no evento, Alberto Sato, especialista en VoIP (Asterisk). Entón Mauro, Alberto e eu saimos ás embaixadas brasileiras e española a seguir o procedimento recomendado, é dicir, anunciar a nosa chegada, comentar onde estamos aloxados, etc. Así, tivemos a oportunidade de ver de perto o país, chamando a nosa atención a grande cantidade de obras que están a facer, con guindastres por todas partes, xunto con pobreza e abundantes todoterrenos de luxo no medio dunha caótica circulación. Semellaba un "sálvase quien pueda".

Comimos moi ben, nun restaurante que factura 'ao peso' tras elexires a comida nun autoservizo. Non debo tomar xeo, agua só se é embotellada, nada de ensalada nin froitas agás as que eu mesmo pele. Así son as regras e consellos do Mº de Sanidade.

De volta ao hotel, por fin, conseguimos conexión a internet (128 Kbps e compartida con Alberto) e preferimos ficar sen sair para traballar uns intres.

Estamos á espera de que veña máis xente pero non moita máis porque foron caendo por diversos motivos: burocracia non deu para ter todo certo a tempo, problemas persoais e até penso que algúen desistiu. Acho que o amigo Cabelo non poido ao fin atopar un voo con praza libre.

Chuzame! chúzame -

I FSL Luanda (080623), de paso por Lisboa

Leandro, Marcio, Ralf (UDP) e servidorChegou o dia da partida ao I FSL (Fórum de Software Livre) de Luanda. Saín moi emocionado por ter que deixar á familia tanto tempo, ir tan lonxe e, como contarei, con moitos temores ao descoñecido.

Os temores son moitos pois aínda hai pouco que Angola está en paz. Campos minados ou escasa entrega voluntaria de armas únense aos coñecidos temas sanitarios de ausencia de auga potable, enfermidades (malaria, cólera, febre amarela...). Dá para ir con moito respeito. Máis na Galipedia e na Wikipedia en portugués.

Fixen Coruña-Lisboa en bus, cheguei á estación Oriente antes das 19 hs, case que dez horas de viaxe. Fun directo ao hotel e rapidamente saio na procura de camisas de manga larga e claras que axuden evitar aos mosquitos. Á volta escribín á familia e ducha.

Estaba pensando en estar online ata a hora de durmir cando recibo a chamada de Leandro Malaquias. Xunto a el viñeron recollerme Marcio e Ralf Braga, o mesmo que me convidara ao evento de Lisboa do ano pasado e xa preparando un novo sobre seguridade para novembro. Só saímos a unha terraza a conversar e pasar un tempo xuntos.

Din que Portugal é un reino M$ e os vin desanimados porque ademais son inmigrantes e síntense sen lexitimación para demandar ao goberno algo neste eido. Preguntaron moito polo SwL en Galicia e, claro, se xa son falador...

Chuzame! chúzame -

Stackswitch, novo efecto 3D para o teu escritorio

Stackswitch é un novo complemento (plugin) para Compiz Fusion que ofrece un vistoso xeito de trocar de tarefas no escritorio. Con el pódense separar as fiestras de xeito similar ao Exposé de Mac pero en tres dimensións coma se estivesen nunha mesa, permitindo elixir a que nos conveña.

Fonte.

Podes ollar os efectos acadados neste video.

asennadas

Chuzame! chúzame -

anyRemote, controla o teu PC en remoto

Xa sabíamos do BluePad, unha aplicación que é quen de transformar o teu teléfono móbil nun mando a distancia vía Bluetooth. Este proxecto está a ser levado por Joaquim Rocha e Valério Valério da Universidade de Évora (Portugal).

Hoxe atopei esta nova apuntando cara un artigo que explica como instalar e operar con anyRemote, unha aplicación que fornece funcións de control remoto sexa a través de Bluetooth, Infravermello, Wi-Fi ou tan só via TCP/IP, co cal amplía o espectro de posibilidades.

A aplicación anyRemote soporta moitos teléfonos dos actuais como Nokia, SonyEricsson, Motorola... e dispón de interfaces gráficas para Gnome(imaxes) e KDE (imaxes), tamén via web.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Confirmada a viaxe a Angola

Con todo rematado (visado no pasaporte, certificado sanitario de vacinas, seguro de viaxe e un sen fin de detalles máis), xa podo confirmar que irei a Angola a participar no "I Fórum de Software Livre de Luanda". Neste evento estarán representantes de Brasil, Portugal e Angola, todo organizado polo secretario xeral da asociación angola de SwL Marcio Candido. Valeu Marcio!

Irei en representación de AGNIX, C.T.I. TEGNIX, AGASOL agardando a confirmación doutras entidades.

De ter conexión á rede alá intentarei ir informando do que aconteza.

Ata a volta!

asennadas

Chuzame! chúzame -

Que opinan os líderes de comunidades FLOSS sobre M$?

foss_ball_small.pngTradución libre de  fernando@debian:/$ man Picando Código

Nun execelente artigo de Bruce Byfield, este pregunta aos grandes líderes dos movementos Software Libre e Open Source, cal é a súa opinión respecto de Microsoft . En xeral os enquisados demostraron que na vida diaria, a nivel técnico, o que faga Microsoft non debería afectar aos usuarios do Software Libre. Destácanse as opinións de Richard M. Stallman e Linus Torvalds., pero falan tamén Peter Brown -Director Executivo da Free Software Foundation- e Jim Zemlin -Director Executivo da Linux Foundation.

Lelo probablemente axude a moitos a deixar de lado ese fanatismo ás veces esaxerado ao comprobar que os pioneiros teñen unha opinión bastante máis moderada. Hai unha gran cantidade de usuarios que ven a Microsoft como a encarnación do mal e a inxustiza pero tamén hai outras empresas que desenvolven software privativo. E aínda que moitas das súas políticas sexan denunciables, non se pode ver a Microsoft como unha entidade malévola e, como se demostrou ao longo da historia, tampouco vai manter a súa posición dominante por sempre.

A continuación un breve resumo traducido das opinións dos entrevistados:

Peter Brown, Executive Director, Free Software Foundation

Por el non tería case contacto con produtos e tecnoloxías Microsoft. “Hai moitos sitios que teñen lixo propietario neles, e certamente axencias do goberno que aínda requiren certos sistemas operativos. Pero xeralmente evito ditas cousas ou procuro alternativas”.

Como parte do seu traballo é rastrexar as ameazas ás liberdades dos usuarios, presta especial atención ao que Microsoft di e fai, aínda que non en detalle. “Porque unha vez que estás no mundo privativo, non hai outra cousa que dicir máis ca necesitas fuxir del.”

O problema con Microsoft é que, como calquera compañía, non teñen valores intrínsecos e a súa única misión é “estamos acá para facer diñeiro”. Así como non confía en Microsoft, tampouco confía noutras compañías como Apple , Google ou Red Hat.

Atribúe as actitudes prol-FOSS nunha compañía aos individuos, citando o exemplo da substitución de CEO de Sun: “Antes eran privativos e non lles gustaba o software libre. Un cambio de executivo, e agora gústalle o software libre”.

Cre que é posible que algún día Microsoft vólvase un participante aceptado do software libre, pero non sen grandes cambios no modelo de negocios e o staff executivo. Como o seu negocio depende do seu S.O. e suite ofimática, “O que frea a Microsoft de ser un participante maior no movemento FOSS é o feito de que non o poden facer dunha maneira significativa pola súa fonte de ingresos. (…) Non vexo a Microsoft diferente de calquera corporación seguindo os seus intereses de negocios”.

Brown cre que o único que Microsoft pode facer é interesarse no Software Libre coa esperanza de atraer máis desenvolvemento a Windows e demorar a adopción do SwL. Con todo descarta a posibilidade de que a idea que Microsoft destrúa o FOSS sexa só “teoricamente” posible. A súa maior preocupación é o "perigo cara ás liberdades dos usuarios porque poden previr a adopción do software libre con trucos como crear plataformas sedutoras e facelos querer quedar polas inconveniencias do cambio.

Tamén declara que rexeitar a Microsoft a favor doutra compañía privativa é “perder a idea” e a súa afirmación final sería “non pensar que Microsoft sexa diferente a calquera outra corporación”.
As demais opinións... asennadas

Chuzame! chúzame -

ArtistX, DVD para estudio de produción multimedia

ArtistX é un DVD baseado en Debian SID que inclúe todas as ferramentas necesrias para que poidas ter un estudio de produción multimedia. E, como na maioría dos dispositivos "vivos", podes probalo antes de instalalo, gardar o que fagas ou, como non , instalalo.

Esta versión está caracterizada por dispor de :

Base en Debian SID
Kernel 2.6.25
Compiz 0.7.7
Paquetes Multimedia de Debian
KDE levemente 'tuneado'

xunto a:
2D: Gimp, Inkscape, Nip2, Krita, Cinepaint, Synfig, Rawstudio, Skencil, Hugin.

3D: Blender, Wings3D, Kpovmodeler + Povray 3.6, K3D.

Video softwares: Cinelerra, Kino, Openmovieeditor, Kdenlive, Pitivi, Avidemux, Devede...

Reprodutores: Mplayer, Helix Player, Videolan, Xine, Kaffeine, Kmplayer, LastFM...

Sw de audio: PD, Rosegarden, Ardour, TerminatorX, Cecilia/Csound, Gnusound, Mixxx...

Así ata un total de 2500 paquetes.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Sábado en Vilalba, II Xornadas de Software Libre

20080621_vilaba.pngOs vindeiros dias 20 e 21 hanse celebrar en Vilalba as "II Xornadas de Software Libre", de entrada libre enchendo este formulario de inscrición.

No evemto estarán presentes varios socios de AGNIX dando relatorios, nomeadamente Pedro Silva, Carlos Carrión e eu (Roberto Brenlla). Neste PDF atoparás máis información.

Persoalmente afondarei no tema das licenzas por mor do debate que este tema suscita nas miñas últimas intervencións. Sempre está ben deixalo aclarado o mellor posible ;-)

asennadas

Chuzame! chúzame -

Consegue o certificado de teres colaborado baixando Firefox 3.0

 brenlla_certificado_firefox-3.png

É ben doado, tan só tes que ir a esta páxina de certificación e encher o formulario co nome que queres que apareza ;-)

Así de sinxelo!

asennadas

Chuzame! chúzame -

sudo rm -rf *

whoops.jpg

Atopado en Tux Vermelho que di "Roubado algures na net....."

asennadas

Chuzame! chúzame -