CoPeerRight Agency sabotea redes P2P
CoPeerRight Agency é a primeira empresa en Europa especialista na sabotaxe das redes P2P de transmisión de datos dixitais.
A representante en España desta empresa francesa explicou como realizan o seu traballo. CoPeerRight Agency publica ficheiros legais pero incorrectos para confundir a quen busca a película concreta, lanzando mensaxes de advertencia aos internautas alén de tratar de retardar as descargas en curso.
A directora de CoPeerRight Agency en España, Romira González, sinalou que as cifras correspóndense soamente cos rexistros de obras que a empresa francesa somete a seguimento por contrato cos seus realizadores ou produtores. A experta asegura que o fracaso dos millóns de usuarios que intentaron a descarga ilegal derívase das intervencións informáticas da súa axencia, creada no 2003 en Francia e que desde o 2004 abriu sucursais en Canadá, España, Italia e México.
"Unha obra (musical ou cinematográfica) chega á rede e nos segundos seguintes xa hai 10.000 persoas tratando de descargala ilegalmente", advertiu González, quen observou que é nese momento no que CoPeerRight Agency inicia o seu traballo. González explica que esas 10.000 persoas reciben de inmediato mensaxes nos que se lles acusa de realizar unha acción ilegal e que deben absterse de continuar coa descarga.
Antes diso, CoPeerRight realiza unha procura das películas que debe protexer. Unha vez atopan ficheiros que levan o mesmo nome deben verificar que o ficheiro é auténtico e localizar "ao primeiro difusor, é dicir, á primeira persoa que puxo a obra na rede".
Outra dos medios que esta empresa utiliza para obstaculizar a descarga de contidos por P2P é a "saturación das liñas de espera", co envío pola axencia de miles de procuras que teñen como efecto atrasar a descarga, o mesmo que de partes "corrompidas", que "non coinciden co ficheiro que se está pirateando, pero o software pensa que se e trátao de unir á película ou á música e, como non pode, tamén atrasa a descarga e obriga a buscar unha nova noutra parte".
chúzame -
Leave a Reply