Linus é candidato ao Príncipe de Asturias 2008

Linus Benedict Torvalds (na Wikipedia en gl e es), coñecido por desenvolver a primeira versión do kernel (núcleo) do sistema operativo Linux, foi proposto como candidato a recibir o premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2008. Torvalds terá que competir con a lo menos 42 persoas ou organizacións.

A importancia e popularidade de Linux no mundo tecnolóxico e informático mundial é indubidable e crece rapidamente. En termos económicos estímase que os ingresos por software de servidores, escritorios ou empaquetados que corren baixo GNU/Linux (ou servizos complementarios) alcanzarán 36.000 millóns de dólares en 2008.

Cunha ampla cota no mercado de servidores e un dominio absoluto en supercomputadoras, o seu reto en canto a crecemento de uso está agora no mercado do escritorio e nos dispositivos móbiles.

Atopado en The Inquirer que non menciona que Linus Torvalds xa foi nomeado no pasado ano 2007, o mesmo ano no que lle deron ao filántropo Bill Gates o seu á Cooperación Internacional.

Alén disto moita parte da comunidade preferiría que se nomeara antes a Richard. M. Stallman...

asennadas

 

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply