Visualizando o quecemento global

Google lanzou o seu servizo Google Earth Outreach, deseñado para supervisar os glaciares e masas de xeo en proceso de desaparición. A nova función é resultante dun proxecto de cooperación entre Google, o goberno británico e un centro de meteorología denominado Met Office Hadley Centre e British Antarctic Survey.

O obxectivo primordial é mostrar as consecuencias inmediatas do quecemento global, xunto con facer posible visualizar a forma en que a temperatura do globo terráqueo aumentará durante os próximos 100 anos. Co novo servizo, Google aspira a mostrar os efectos que terá o cambio climático e así evitar a detonación dunha catastrófica bomba climática.

"Este proxecto mostra os cambios climáticos reais, baseados en estimacións moderadas. Só ao facer posible que a xente entenda o impacto que terá o cambio climático para eles mesmos e para os demais, iniciarán medidas necesarias para evitar os peores efectos do cambio climático", explica a Ministra de Medio Ambiente de Gran Bretaña, Hilary Brenn, nun comunicado de prensa.

Para comezares a crear mapas virtuais podes seguir estes titoriais.

Fonte e máis info.

Chuzame! chúzame -

7 Responses to “Visualizando o quecemento global”

  1. http://recordsconsulting.blogspot.com/2008/06/el-software-libre-ha-muerto.html

    Que piensas de esas reflexiones???

    y sobre todo de estas…

    http://elladodelmal.blogspot.com/2008/05/el-tapado.html

  2. Ups, cría que eran comentarios sobre o quecemento pero vexo que van por outro derroteiro… :-)

    Sobre a primeira ligazón, comentarios son. Non os comparto pero, claro está, gústame ser tolerante daí que os acepto, só iso. En canto á segunda, é máis do mesmo, outro comentario a aceptar sen compartir.

    Nestes case que once anos que levo adicado case que exclusividade ao SwL, (si, seica é con paixón e polo tanto sen capacidade de ser neutral) vexo que o crecemento é exponencial (son feitos, non opinións) e, aínda así, falta camiño por ser percorrido. Dito isto, esas ligazóns non mudan nin un chisco a miña paixón porén nalgún artigo afondarei máis no tema para poder amosar máis ás claras o porque das ideas que coma min mantemos moita xente.

    Apertas!

  3. Primeiro - grazas por leelos! Sinto, o tema do quencemento penso que vai ser cousa de todos ou empezamos a facer algo ou iremos a deriva…

    Segundo - Falando do “segundo artigo” hai cousas nas que ten razón, entendo que unha pequena empresa de sw privativo ainda que teña unha -ventaxa tecnoloxica- non vai poder competir con Google, MS,… pero polo menos podes vender a bo prezo, ou intentar loitar. Pero sen embargo se o fas en Open Source directamente vas ser copiado, polo que perdes a ventaxa tecnoloxica que tiñas.

    Entendo que este punto de vista é mereamente empresarial-tecnolóxico que deixa de lado o tema da democrácia tecnoloxica, do ambito social, etc… pero sexamos sinceiros vivimos nunha sociedade do pelotazo. Ademáis como indica o artigo, as empresas de sw privativo aprobeitanse dos avances no mundo libre, pero dende o mundo libre non coñecen os avances do código fechado, polo tanto estan en desventaxa. E posible competir así????

    Un saudo, noraboa polo de Angola ;)

  4. Certo é que empregando tecnoloxías abertas sufres o risco de seres copiado pero… non sempre. Está claro que ter o código aberto implica correr o risco de seres copiado pero se fan iso terán que cumprir coas licenzas correspondentes, daquela iguala ás partes. Porén, se un ente desenvolve unha solución, quen mellor que ese ente para dar soporte? non foi el quen o desenvolveu? MySQL non sacou un chavo de Google por usar esa bb.dd. pero si o sacou doutras empresas (se cadra grazas á garantía de que Google a empregaba) e agora até foi vendida por 1000 millóns de dólares. Pero… non era libre? :-D
    Son de opinión de que se entras no SwL é para apostar por el ao 100%, non para ir a medias. Pola experiencia de exemplos pasados, proxectos que non apostaron a ese 100% rematan sufrindo e ás veces morrendo.
    A competencia en código pechado, con franqueza, non a temo. É máis, eles son os que nos temen (daí que berren e ataquen). Non temas, aposta por nós! ;-)

  5. Eu quero apostar por o sw libre pero non todo o mundo esta na mesma senda… http://www.joost.com/forums/p/2008/06/what-joost-says-about-linux/

    moito se falou de Joost e agora dalle a espalda ao Linux :-/, antes o fixeron skype (se non me trabuco)

  6. É normal que non todo o mundo estea convencido, nin na mesma senda e até os hai arrepentidos, faltaba máis! O caso é que, hoxe máis ca nunca, cúmprese o dito de Ghandi (reflectido en publicidade de RedHat): “Te ignoran, luego se burlan de ti para finalmente luchar contra ti, en este momento has ganado” :-)

    Fonte: http://bulma.net/body.phtml?nIdNoticia=1954

  7. “Te ignoran, luego se burlan de ti para finalmente luchar contra ti, en este momento has ganado” … ogalla sexa certo…

    sorte que o mercado non é unha selva.

Leave a Reply