Creando contrasinais seguros
Case que calquera persoa que manexa computadoras sabe da importancia de traballar con contrasinais difíciles de seren descobertas. A pesares disto, aínda hai quen cre que un contrasinal do tipo «123456″ ou «qwerty» abonda para manter o seu sistema seguro. Daquela a pregunta pode ser obvia: «Ten tan pouca importancia a información contida nun sistema como para deixalo en mans de contrasinais tan febles?» O certo é que este tema adoita ser un dos maiores pesadelos para quen administra sistemas.
Como facer que os usuarios dun sistema empreguen contrasinais fortes? Que é un contrasinal forte? Como de longo ten que ser un contrasinal?
Sen ánimo de sentar cátedra, hai bastante unanimidade en que os contrasinais deben:
- ter unha extensión mínima de 6 ou máis carácteres
- conter maiúsculas e minúsculas
- conter números e carácteres especiais como, por exemplo, signos de puntuación
- non corresponder con verbas de dicionarios
- non ter datos persoais obvios (por exemplo, o nome dunha mascota)
Mal contrasinal sería «xuntadeg«, bo contrasinal sería «hTM,9=3#7swV«. Sendo así, como ter contrasinais tan fortes como esta última? Hai varios métodos e até programas como mkpasswd sobre o cal tes este artigo explicativo.
asennadas
Eu emprego unha estratexia lida hai anos nun libro. Comezo imaxinando unha frase da que me podo lembrar, por exemplo:
«Que bo sería poder ir este ano 2008 de viaxe a Kenya! E ao vindeiro ano outra vez? Se cadra…«
Logo a transformo na seguinte:
«que Bo sería poder ir este aNo 2008 de viaxe a Kenya! E ao vindeiro (09) ano outra vez? Se cadra.. tamén (&)»
O contrasinal a empregar sería: qBiN8K!9?&
Así teño un contrasinal forte á vez que doado de ser lembrado. Podes ampliar a información sobre este tema na Wikipedia.
Para quen se tome máis en serio este tema pode considerar poñer contrasinais fortes e xestionalas logo co Revelation, algo xa comentado neste artigo.
En: AGNIX, Seguridade por Roberto Brenlla

[...] pouco tratei neste artigo o tema xenérico da importancia de termos contrasinais o máis seguras posibles cunhas regras [...]