VLVC, complemento de videoconferencia para VLC

VideoLan VideoConference (VLVC) é un complemento (plugin) para o reprodutor de video VLC. Engade funcionalidades de videoconferencia, capacitando desde 2 a 10 persoas a escoitar e ver cada quen aos demais coa axuda dun computador e unha cámara web.

É SwL con licenza GPL alén de multiplataforma, polo que podes descargar fontes e binarios. Lamentablemente a súa instalación non é trivial e deberás ler os arquivos readme e howto_compile. Tes unha guía de uso, outra técnica e unha galería de pantallas.

VLVC admite calquera destes modos de uso:

  • Sala de conversa: cada quen pode escoitar e ver aos demais, cada quen pode falar.
  • Conferencia: unha persoa transmite aos demais como servidor, é dicir, só unha persoa pode ser escoitada e ollada.
  • Anfiteatro: é unha versión avanzada do modo "Conferencia" posto que quen administra (servidor) dá ou retira o dereito individual a intervir.
  • Encontro: similar ao"Anfiteatro" pero coa capacidade de dar ou retirar a capacidade de intervención a varias persoas á vez.

O proxecto naceu no 2003 grazas a un grupo de estudantes da Ecole Centrale Paris e na actualidade novos grupos de estudantes están a xuntarse ao proxecto.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply