Cal é a distro máis popular?

O coñecido editor Steven J. Vaughan-Nichols (DesktopLinux, eWeek, Linux-Watch...) inclúe no seu blog unha entrada curiosa. Refírese á cuestión de cal é a distribución de SwL máis popular. Ofécese como respostas alternativas:

A) Ubuntu, B) PCLinuxOS, C) Fedora, D) openSUSE ou E) Ningunha das anteriores.

A resposta é a E) Ningunha das anteriores toda vez que Xandros é a gañadora. Por que? Simplemente porque Xandros, unha distro derivada da súa ancestro Corel Linux, vén instalada no millón de UMPCs (Ultra Mobile PCs) que leva vendidos Asus. Se cadra dentro duns meses, cando Acer comece a vender o seu novo Aspire One ou Dell saque ao mercado o seu "mini-Inspiron" con Ubuntu preinstalado poida haber unha nova clasificación debida á borracheira de portátiles de baixo custo.

Esta nova lémbrame ao acontecido coa batalla dos escritorios. KDE sempre foi por diante en canto ao número de usuarios ata que Ubuntu elixiu como predeterminado ao competidor GNOME...

Fonte.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply