IBM anuncia o Lotus Symphony 1.0
Trátase dunha suite ofimática baseada no código de OpenOffice.org que está a recibir moitas loubanzas sobor de todo pola mellora da usabilidade, unha contorna máis amigable e o soporte ao estándar ISO/IEC 26300 do ODF.
Lotus Synphony é de balde mais está complexo saber se tamén é libre ou tan sequera de código aberto. Este comentario disque IBM mercou unha licenza a Sun Microsytems para manter o código pechado, algo que parece ser refutado porque a súa descarga ten que ser feita a través da web.
A suite ofrece unha interesante colección de complementos (plugins) e o galego non está incluido entre os idiomas soportados.
En: AGNIX, Estándares, Negocios por Roberto Brenlla

[...] e até vender o desenvolvemento para que logo sexa este comercializado en código pechado (Lotus Sinphony da [...]