Ofertas de traballo para C.T.I. TEGNIX
A empresa C.T.I. TEGNIX convoca unha oferta de traballo para o posto de administrador de Sistemas GNU/Linux. Requírese persoas con coñecementos na administración de sistemas baseados nesta plataforma e en servizos de rede (Apache, Samba, Bind, Openldap, Postfix...).
O posto de traballo estará orientado á posta en marcha e configuración de contornas baseadas en GNU/Linux, bases de datos MySQL e PostgreSQL, virtualización de servidores e mantemento de servizos críticos, entre outras funcións.
A continuación indícanse as especificacións:
Posto vacante: Administración de Sistemas GNU/Linux
Categoría: Informática e telecomunicacións
Requerimentos:
* Coñecementos de administración de sistemas baseados en GNU/Linux e servizos de redes (Apache, Samba, Bind, Openldap, Postfix,...)
* Disposición de traballar en grupo
* Capacidade de aprendizaxe
asennadas
* Paixón polo Software Libre
Ademais destes requirimentos valorarán:
* Titulación técnica
* Experiencia en empresas do sector
* Coñecementos de linguaxes de programación como Java, Perl, PHP, Bash-scripting, AJAX o Python (entre outros)
* Implicación coa comunidade de software libre
* Capacidade de asumir responsabilidades e de traballar en equipo
* Galego falado e escrito
* Inglés técnico (nivel medio de leitura)
* Carnet de conducir
* Coñecementos doutros sistemas operativos
As funcións a desenvolver na empresa serán:
* posta en marcha e configuración de entornos baseados en GNU/Linux, bases de datos MySQL, PostgreSQL
* virtualización de servidores
* alta disponibilidade, mantemento de servizos críticos, etc
Outras especificacións realizadas pola empresa son:
* Salario negociable segundo experiencia achegada
* Estabilidade laboral, participación en proxectos de ámbito nacional e internacional, posibilidade de aprendizaxe e desenvolvemento profesional.
* Excelente ambiente de traballo
* Contrato temporal a xornada completa con posibilidade de convertirse en indefinido.
Documentación solicitada
* Curriculum Vitae e fotocopia do título ou expediente en caso de titulación.
* Recoméndase presentar a documentación en formato de estándar aberto internacional (ISO/IEC 26300:2006 Open Document Format ou ISO 32000 Formato PDF)
A documentación deberá ser remitida ao enderezo de correo electrónico rrhh@tegnix.com
chuzame -
En: AGNIX, FLOSS, Negocios, Persoal, TEGNIX por Roberto Brenlla
Leave a Reply