Plano de Capacitación TIC en SwL
Dá comezo a iniciativa do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza denominada Plano de Capacitación TIC en Software Libre. Correspondeunos a C.T.I. TEGNIX impartilo e a min as dúas primeiras xornadas que se han desenvolver nesta primeira fase piloto o 13 e 14 de xuño de 2008. Dado o seu carácter experimental, este curso celebrarase nunha única edición en Santiago de Compostela. Posteriormente, e unha vez analizados os resultados obtidos, afrontarase a segunda fase do proxecto, prevista para o último trimestre do ano.
Estou confiado porque seica teño experiencia para levalo adiante con éxito, polo moito que me preparei e tamén polo seu carácter piloto. Porén, sempre quero dar o meu mellor e as présas desde que o souben con certeza ata hoxe (xa ás 03:30 hs) unido ao de estrés polo de Angola (e moitas máis circunstancias) estanme deixando canso á vez que ansioso por rematar ben todos e cada un dos compromisos que teño por diante daquí a xullo.
E agora a durmir no sofá, teño ao crío con febre durmindo coa súa nae...
chuzame -
En: FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal, Relatorios, TEGNIX por Roberto Brenlla
Leave a Reply