Ct, linguaxe de programación para procesadores multinúcleo
Realmente é unha extensión de C/C++ optimizada para desenvolover aplicacións para procesadores multinúcleo en plataformas Intel ou AMD.
A responsable desta nova linguaxe é Intel que ten por obxectivo evitar ter que facer particións de código manuais para que se executen en núcleos específicos. Así, con esta linguaxe a partición faise automaticamente.
"Coa linguaxe Ct é case como se estiveras escribindo para unha máquina dun único núcleo", sinala Mohan Rajagopalan de Intel. O compilador da Ct fai a paralelización e para ilo tamén está desenvolvida unha API.
Quen programe en C/C++ deben aprender Ct rapidamente, xa que menos do 5% da linguaxe será nova. Ademais, os programas compilados en Ct poden ser escalados para cantos núcleos estean dispoñibles. "Unha vez que o código é compilado, a biblioteca descubre a plataforma e fai o axuste apropiado".
chuzame -
En: AGNIX, Tecnoloxía por Roberto Brenlla
Leave a Reply