SwL, desde a indiferenza ao talibanismo
É unha teoría aínda a desenvolver con máis estudo, forma e coherencia xa que polo de agora só é unha idea que reflicte o que comprobo empiricamente. A idea a desenvolver amosa os seguintes estados:
- Indiferenza: cando alguén escoita falar disto do SwL normalmente non lle adoita presta atención e menos aínda por mor de ser algo minoritario e case que un perfecto descoñecido.
- Curiosidade: prodúcese cando a persoa volve atoparse co tema e pregúntase "por que de novo isto?" Comeza a fase de preguntas e respostas ás moitas dúbidas que lle van xurdindo.
- Rexeite: "Isto non ten futuro porque..." O rexeite acontece principalemente porque aínda non ten respostas satisfactorias e convincentes.
- Dixestiva: comezan xurdir respostas convincentes namentres seguen outras dúbidas sen aclarar e daquela comeza a fase de "longa dixestión" na que vai colocando todas as ideas no seu debido lugar e o conxunto comeza tomar forma coherente. Esta fase pode ser moi longa no tempo.
- Convencimento: "Xa está, entendo toda esta vaina!"que ten lugar cando vai rematando o proceso de dixestión e comeza trocar a postura de escepticismo ou até de rexeite por outra positiva e de aceptación.
- Activismo: cando a aceptación comeza a darlle forzas para ser un defensor, sexa público ou de boca-a-boca. Esa defensa atopará dificultades cando tente convencer a persoas que aíndase atopan nas fases iniicias de indeferenza ou rexeite.
- Talibanismo: Os rexeites que o activismo vai atopando no camiño vanlle afianzando na súa postura ata convertirse en talibanismo, é dicir, intransixencia a outras posturas distintas á súa. Non se pode admitir o sw privativo.
- Moderación: Tras un tempo practicando o talibanismo pódese pasar a outro nível máis moderado, onde as ideas están claras pero estas conviven xunto a situacións admitidas que non sempre están en concordancia co talibanismo. Por exemplo, decátase que saca cartos de caixeros coa VISA ou usa un móbil e BIOS que non son libres...
Como dicía en riba, a isto quero darlle máis estudo, forma e consistencia. Daquela considérese como versión pre-alfa e, por suposto, estou aberto a calquera aportación
chúzame -
En: AGNIX, Persoal, Relatorios, TEGNIX por Roberto Brenlla
Boas Roberto. Hoxe mesmo estaba a comentar esto cunha amiga, despois de oirte falar dos ‘talibáns’. Estou dacordo coas fases que describes, e quizás poidamos facer un estudo máis profundo. O que teño certo é que esas fases son aplicables a moitos máis ámbitos da tecnoloxía en xeral e supoño que forma parte da condición humana.
Unha aperta.
Para os que non entedemos de tecnoloxía punta, que éo swl?
Si, tes razón. SwL refírese a “Software Libre” pero, como temos que poñelo tan a miúdo e é tan longo… pois póñoo abreviado como SwL