Keepass, xestor de contrasinais universal
Hai pouco tratei neste artigo o tema xenérico da importancia de termos contrasinais o máis seguras posibles cunhas regras xenéricas e prácticas. O amigo Óscar ampliou o anterior cun novo artigo amosando como telo todo máis cómodo e seguro grazas ao programa Revelation. Logo disto véu un comentario a ese artigo feito por Xurxo ofrecendo unhas ligazóns a un programa multiplataforma con licenza libre GPL nomeado Keepass.
E si, semella que Keepass é unha moi completa solución para xerar e xestionar contrasinais. É extensible grazas a unha ampla colección de engadidos (plugins) alén de ser unha aplicación portable que podes levar na túa memoria USB e empregalo en calquera sistema operativo ou dispositivo móbil (PDAs, teléfonos con Symbian e j2me, etc).
Keepass engade a todo ilo unha boa facilidade de uso. Para saber máis desta aplicación e usala a cotío tes esta guía paso-a-paso (en inglés) que inclúe varias imaxes.
En concreto, a versión para GNU/Linux e Mac é nomeada como KeepassX.
chuzame -
En: AGNIX, Amizade, FLOSS, Seguridade por Roberto Brenlla
O problema de este tipo de proxecto ea supervivencia, hoxe estan e mañan puuuuf deixan de ser sostidos e quedanse no olvido… e de pouco sirve que sexan sw libre pois poucos voltan a vida.
Polo demais, vou probar haber como vai.

Non estou ben de acordo coa supervivencia de proxectos libre como inconvinte porque xustamente estase demostrando que grazas a seren libres a continuidade do proxecto está moito máis garantida ca un liderado por unha empresa.
No caso dun proxecto feito por unha empresa, este pode morrer porque non interesa á empresa ou porque a empresa morre, desaparece ou é absorbida por outra.
No caso dun proxecto libre, precisamente a liberdade e o libre acceso ao código é a mellor garantía de continuidade. Se quen comandou o proxecto desaparece, a comunidade pode asumir o relevo sen problemas. Exemplo, Ian Murdock deixou o proxecto que fundou, Debian, e xustamente é un dos proxectos emblemáticos da comunidade. Se o proxecto desaparece por falta de interese dos usuarios, para que querer continuidade?
En resumo, a continuidade nunca está garantida en ningún modelo, sexa libre ou privativo, pero desde logo en ambientes libres é moito máis raro que iso aconteza.
No caso concreto do Keepass, trátase dun proxecto cun mínimo de cinco anos de existencia e con melloras/engadidos rexistradas até neste mesmo mes: KeePass en Sourceforge.